Flores, laranxas, ovos... e moita imaxinación. Estes son os principais ingredientes dos "Maios", as construcións vexetais que esta fin de semana pasada e a que ven, en Vigo, encheran as rúas.
Cada primeiro de maio a vexetación sae á rúa en forma de "maio", unha construción de diferentes formas feita con elementos vexetais en función da zona na que se elabora e que pode ser enxebre ou artístico.
Os "maios" foron pensados para invocar o crecemento das plantas cultivadas e para protexelas de posibles ameazas naturais ou sobrenaturais
A nosa proposta para este ano, e mostrarlle aos nosos centros asociados da agrupación ARCE, as nosas costumes, e facer "0 maio" aínda que sexa de papel, un en primaria e outro en infantil.
|