Orientación

"DESAFÓGATE" NO FRIAN

Desafógate

O 14 de marzo ás 16 horas no noso cole .

Non volo perdades!

CHARLA CON DANIEL NOVOA

 O vindeiro martes 17 de xaneiro de 16:00 a 18:00 horas teremos unha charla gratuíta do psicólogo Daniel Novoa que nos falará de límites e normas. Charla aberta a toda a comunidade educativa, familias, avós, profesorado,etc,...non fai falta inscrición previa e é totalmente gratuíta. 

Cartle charla Daniel Nóvoa

ACTIVIDADES DE NADAL EN VIGO

Dende o Departamento de Orientación informámosvos de todas as actividades de Nadal gratuitas nas que podedes participar.

 

BO NADAL !!!

MERRY CHRISTMAS !!!

Obradoiro "Riscos na internet"

riscos

 

Corremos riscos na internet?
No día de hoxe, 27 de maio, a Policía local de Vigo segue a botarnos unha man no cole. Nesta ocasión veu a falarnos sobre os riscos que corremos na internet a diario.
Resultou unha charla moi interactiva e impactante, xa que, os rapaces tomaron conciencia das posibilidades tanto positivas como negativas do uso da internet.
A charla centrouse na obrigada actualidade da utilización das redes sociais , un tema no que so deberiamos entrar a partires dos 14 anos, pero que, cada vez o utilizamos con moita máis lixeireza.
Os nosos/as nenos7as escoitaron casos reais de situacións nas que eles mesmos poderíanse ver envoltos e recibiron os consellos máis acertados e seguros.

Camiñamos pola igualdade 2ºA

O mércores, 18 de Maio, o alumnado de 2º A tivo o segundo “Obradoiro Camiña con nós pola Igualdade”, lemos o conto de Maruxa, e cantamos as cancións do conto, que nos ensinaron que debemos colaborar nas tarefas da casa, para que toda a familia se sinta mellor; rematamos o obradoiro cun xogo interactivo, onde cada alumn@ explicoulle aos compañerir@s, cómo podían colaborar coa familia nas distintas dependencias da casa.

Powered by Drupal - Design by artinet