XA QUEDA POUCO PARA REMATAR, PERO ALGO ESTASE A PREPARAR...TEDE COS OLLOS BEN ABERTOS,...UNHA PISTA...
XA QUEDA POUCO PARA REMATAR, PERO ALGO ESTASE A PREPARAR...TEDE COS OLLOS BEN ABERTOS,...UNHA PISTA...
Rematamos o tempo adicado a formación de usuarios na biblioteca mostrando algúns dos traballos feitos polo alumnado.
Precisas vitaminas?
Iniciamos unha nova andaina no traballo da nosa biblioteca. Novo curso 2017/18, novas ideas e novos proxectos para levar a cabo.
Este ano o noso Proxecto Documental Integrado englóbase baixo o lema“ Vivindo san no cole Frian “. Imos traballar hábitos para fomentar na comunidade educativa un estilo de vida máis saudable.
Como é costume na programación da nosa biblioteca, o mes de Outubro está adicado á Formación de Usuarios. Este curso perseguimos uns obxectivos de vida saudable e de mellora das competencias do noso alumnado. Deste xeito a primeira semana de outubro iniciamos a actividade da biblioteca dunha forma especial.
No cole apareceron uns carteis.
Os alumnos e alumnas percorreron os corredores seguindo as frechas para atopar o lugar do cole onde hai moitas vitaminas. Chegaron á biblioteca. E unha vez alí, descubriron que efectivamente, a nosa biblioteca está chea de vitaminas.
E por si fora pouco a emoción de atopar un lugar, na biblioteca había unha carta de Frianciño. Este ano está disposto a mellorar os seus hábitos saudables e para iso crea o
Clube dos Supersaudables. Por suposto que xa nos anotamos todos e todas a ese clube.
Grazas Frianciño e xa somos moitos e moitas do Clube dos Supersaudables!
Os nenos e nenas de educación infantil viviron así esta actividade:
CURSOS ANTERIORES
Título | Data de envio |
---|---|
PLAN DIXITAL | 21/09/2023 - 16:22 |
CURSO 2023/24 | 21/09/2023 - 16:11 |
DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA 23/24 | 21/09/2023 - 16:06 |
COMEDOR ESCOLAR 2023/24 | 08/09/2023 - 17:15 |
PREZOS DO COMEDOR ESCOLAR | 08/09/2023 - 17:13 |
INICIO CURSO 2023/24 | 04/09/2023 - 19:58 |
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | ||||
4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 |
11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 |
18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 |
25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |