Traballos Alumnos/as

Proxecto: A toda máquina!

O alumnado presentou investigacións sobre difrentes máquinas. Deixámosvos algúns exemplos:

 

Proxecto: "A toda máquina!" 2ª actividade

Esta segunda actividade que xurde no proxecto: "A toda máquina!"; Analizamos os elementos de distintas máquinas. Traballo realizado en grupo, alumnado de 6º de primaria.

 

 

Proxecto: A toda máquina!

Presentamos o resultado de distintas actividades realizadas, en formato dixital, polo alumnado de 6º para o proxecto: "A toda máquina!"

Esta actividade realizada en grupos consistía en elixir unha máquina e facer unha pequena presentación en presentacións de drive. Tiveron que poñerse dacordo para escoller un formato de presentación.

 Aquí tedes o resultado:

As máquinas by on Scribd

As Máquinas by on Scribd

As Máquinas by on Scribd

Obradoiros en 6º de primaria durante o primeiro trimestre

Durante o primeiro trimestre tivemos tres tipos de obradoiros:

-Obradoiro de Igualdade do programa do Concello “Camiña con nós pola Igualdade”.

-Obradoiro de prevención da Drogodependencia organizado polo Concello.

-Obradoiro de Sexualidade, impartido por Marisol, matrona do Sergas.

Continuamos cos debates en sexto

 

     O alumnado de sexto segue coa iniciativa de facer debates cos temas que máis lle preocupa. Iniciamos as sesións dos debates co tema: “CASTIGOS SI versus CASTIGOS NON”. Debido as características do horario escolar non deu tempo a rematar. Quiseron seguir con este mesmo tema pero engadindo unha premisa máis. Argumentaron as súas ideas sobre si os castigos deben ir en “piña” , é dicir, toda a clase en conxunto  se non se sabe que alumnado non respectou as normas do noso regulamento de clase. Por iso, o seguinte debate titúlase:

“ CASTIGOS EN PIÑA SI versus  CASTIGOS EN PIÑA NON “.

 

       Lembrando as palabras  do noso moderador: “ Desfrutade do debate”

 


Seguiremos traballando a argumentación!!

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet