Hoxe lemos...

OLLOS ABERTOS E TODOS/AS MOI ATENTOS, AQUÍ COMEZA O RECANTO DE HOXE LEMOS...

Comezamos neste apartado de " Territorio Lector", a actividade de "Hoxe lemos...". Con esta actividade pretendemos expandir o espíritu lector dos alumnos/as cara diferentes vías de lectura: terrorífica, científica, bibliográfica, humorística, periodística... Cada mes dedicaremos un oco do noso tempo de lectura a ler contos ou relatos sobre unha temática nova, que suscite curiosodade no neno/a  abrindo un abano de posibilidades de cara á lectura.

 

MOITO OLLO, E MOITA ATENCIÓN

AQUÍ COMEZA, ESTA NOVA SECCIÓN!

 

3,2,1...COMEZAMOS O PRÉSTAMO

Outro curso mais comezamos a nosa andaina con Frianciño na súa aventura na biblioteca. Os alumnos de Educación infantil visitan o lar de Frianciño lembrando as normas e organización dos contos da biblioteca e despois de comezar coas mochilas viaxeiras por fin esta semana damos comezo ao préstamo. Estamos moi contentos de poder levar contos a casa e compartilos coas nosas familias !!! Non vos perdades este video coas nosas primeiras visitas á Biblio.

 

                                                                                                                            
                                                
Imagen relacionada

 

Guardar

Guardar

Guardar

Guardar

Guardar

HOXE LEMOS CON CARLOS CASARES

Unha aventura máis nos ocupa neste momento, e como non podía ser doutra forma, para celebrar o DÍA DAS LETRAS GALEGAS e homenaxear o seu autor, Frianciño tivo de novo unha xenial idea. Xa que ao alumnado lle había gustado eso do apadriñamento dos alumnos grandes os máis pequenos, as diferentes aulas do 2º e 3º ciclo de primaria reresentaron contiños adaptados deste autor a cursos de 1º de primaria e as aulas de infantil. 

O DÍA DO LIBRO

Para celebrar O DÍA DO LIBRO, Frianciño tivo unha gran idea!, un apadriñamento moi curioso, pois os alumnos maiores do cole lle leron a cada alumno máis pequeno un conto fermoso. Como veredes esta inciativa gustou moito e os nosos alumnos queren repetir a actividade pronto!

HOXE LEMOS SOBRE OS NOSOS PROXECTOS

Ola de novo amiguiños! Hoxe Frianciño nos vai mostrar como os nosos alumnos/as avanzan nas lecturas dos seus proxectos de aula, o cales xiran entorno: O CIRCO. Todo o noso alumnado nestes días organizan lecturas sobre: os magos, os mimos, as profesións do circo, as mulleres do circo, a publicidade e a empresa no circo, as emocións do circo, as obras de Botero relacionadas co circo... Xa vedes, un sin fin de cousas para ler e informarse, aquí vos deixo unha mostra deste gran traballo.

 

Powered by Drupal - Design by artinet