PUNTO LARANXA FÍSICO

Seguindo o novo "Protocolo Educativo para a prevención, detección e tratamento do acoso e ciberacoso escolar", xa está disponible nas instalacións do centro o punto laranxa contra o Acoso e o Ciberacoso Escolar.

cartel laranxa

Trátase dun espazo físico, que funciona como unha caixa de correo, onde calquera persoa coñecedora dunha situación de posible acoso poderá comunicalo de forma totalmente anónima.

buzón laranxa

Lembrade que podedes atopalo ao carón da sala de mestres/as.

Se precisades máis información, podes premer aquí:
https://drive.google.com/file/d/1_yLUsxOTHT3cgLT-qkXRO2t3jAvygsAW/view?usp=sharing

Powered by Drupal - Design by artinet