Un ano máis participamos nas xornadas educativas do Concello de Vigo para coñecer a historia da Reconquista da nosa cidade.
Un ano máis participamos nas xornadas educativas do Concello de Vigo para coñecer a historia da Reconquista da nosa cidade.
Un año máis os tambores do CEIP PLURILINGÜE FRIAN volveron a sonar xunto cos 30 colexios de Vigo polas rúas da cidade na conmemoración da Reconquista.
Se premedes aquí abaixo podedes ver unha morea de fotos e vídeos:
https://www.vigoe.es/vigo/local/los-tambores-de-la-reconquistina-invaden-el-casco-vello/
O primeiro ciclo fomos a Naturnova a aprender sobre o medio ambiente e o seu coidado. Entramos nun submarino, interactuamos con dinosauros, creamos montañas, convertemos o chan nun taboleiro de xogo, tocamos un tornado, paseamos polos planetas...
Aprendemos unha chea!
Para rematar este curso fomos o 1º ciclo enteiro á Granxa Kiriko a coñecer un pouco máis sobre os animais. Ademais descubrimos como se obtén a la e o proceso polo cal pasa para poder ser utilizada.
Gozamos unha chea!
Os nenxs de 2° grazas o programa Ti si que es un bo peixe puideron disfrutar dunha xornada estupenda coa visita ao porto, lonxa e praza de abastos de Bueu.
No porto coñeceron as diferentes artes de pesca e as especies que se capturan sendo o maior protagonista desta zona o polbo.
Na lonxa aprenderon como os mariñeiros clasifican, pesan e miden os peixes respectando os tamaños mínimos das diferentes especies e a importancia do seu correspondente etiquetado.
Puideron experimentar como se leva a cabo unha subasta de peixes.
Na praza de abastos foron pasando polos diferentes postos nos que os praceirxs lles foron mostrando e explicando as diferentes especies de peixes e mariscos.
A visita rematou coa degustación dunha merenda mariñeira na que coñeceron a importancia do valor nutricional dos peixes e mariscos na nosa alimentación.
Se premedes neste link accededes ás fotos publicadas no programa
CURSOS ANTERIORES
Título | Data de envio |
---|---|
SPRING CRAFTS | 06/05/2024 - 16:40 |
SPRING CRAFTS | 06/05/2024 - 16:35 |
BOLSAS NEAE | 03/05/2024 - 09:04 |
DÍA CONTRA O ACOSO ESCOLAR 2 MAIO 2024 | 02/05/2024 - 10:22 |
COÑECENDO A RECONQUISTA | 25/04/2024 - 15:25 |
O EQUIPO DO FRIAN NO ATLETISMO EN PISTA | 10/04/2024 - 23:50 |