Saídas

Saídas

Visitamos a casa de Rosalía de Castro e alrededores

O día 1 de xuño o alumnado de 3º e 4º fixemos unha saída a Padrón para visitar a Casa Museo de Rosalía de Castro e o Xardín Botánico.

Despois desprazámonos á area recreativa "O Xirimbao" para xantar, descansar, xogar e facer unha ruta.

Pasámolo moi ben!

Visitamos o IES R.O.U

Seguindo a tracdición doutros cursos, o alumnado de 6º do noso colexio, foi de visita ó que será o seu Instituto dentro duns meses.

O IES ROU recibiunos cos brazos abertos. Na entrada estabanos esperando persoal docente e alumnado (exalumnos e exalumnas do Frian na maior parte).

No patio interior "Ágora" escoitamos unha presentación sobre o Quixote de Cervantes, acudimos á aula da sección bilingüe de Science, ó laboratorio, á biblioteca, ó horto e ó ximnasio. Sempre estivemos acompañados por excompañeiros e excompañeiras que nos ían contando peculiaridades dos distintos espazos. Agasalláronnos cunha estupenda merenda, que nos fixo repoñer forzas para camiñar hacia Frian.

Moitas grazas pola vosa acollida e... vémonos axiña!

Astronenos

O martes 16 de nadal, preto da vacacións, asistimos a unha actividade nas instalacións do Centro comercial do Troncal. Repasamos moitas características do sistema solar, vestidos de astronautas.

Aprendemos moito e pasámolo moi ben!

Powered by Drupal - Design by artinet