Skip to Content

Coñecemos a Casa do Concello de Vigo

O martes 7 de marzo, visitamos a Casa do Concello de Vigo, extraordinariamente guiados por Pablo e Ana, coñecimos "A casa de Todos e Todas".

Na Lonxa do Concello

 

Comezamos na lonxa do mesmo e dende aí, directamente, ó noveno andar, á sala de prensa e a desfrutar dunha vistas fantásticas (ainda que con néboa). Simulamos ser xornalistas de distintos medios e fixemos preguntas ata descubrir como se leva a cabo unha rolda de prensa. A continuación baixamos ata a sala de plenos. Sentámonos ocupando os lugares dos Concelleiros e explicáronnos con moito detalle como transcorre un pleno.

Visitamos  a Escola de Musica tradicional, con actuación e todo e rematamos visitando o laboratorio onde se analizan as augas da contorna.

 

 

Na sala de Plenos do Concello

(Preme na imaxe e poderás ver unha extensa reportaxe fotográfica)

Moitas grazas por atendernos tan ben na Casa do Concello!



page | by Dr. Radut