Secretaría
AVISOS SECRETARÍA
CURSO 22/23
FORMALIZACIÓN MATRÍCULA
PLAN DE ACOLLIDA
AXUDAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO CURSO 2022/23
FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR CURSO 2022-2023
ADMISION ALUMNADO 2022/2023 (11/01/2022)
CURSO 21/22
DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS AO ALUMNADO
ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR 21/22
CALENDARIO ESCOLAR curso 21/22
ADMISION ALUMNADO 2021/2022 (11/01/2021)
LIBROS DE TEXTO E MATERIAL 21/22
CURSO 20/21
DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS (16/11/2020)
LISTAXE LIBROS DE TEXTO CURSO 20/21
AXUDAS MUNICIPAIS COMEDOR, LIBROS E MATERIAL ESCOLAR
CURSO 19/20
ADAPTACIÓNS PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS 19/20
LISTAXE ADMITIDOS CURSO 2020/2021
FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR
AXUDAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO CURSO 2022/23
O Ministerio de Educación e Formación Profesional publicou a convocatoria destas axudas para o curso 2022 - 2023 o 18 de maio de 2022.
Poderá pedirse desde o 19 de maio ata o 30 de setembro de 2022.
Mais información neste enlace
FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR CURSO 2022-2023
Estimadas familias:
Está aberto o prazo desde o día 19 de maio ata o 22 de xuño de 2022 (inclusive).
Poderase solicitar:
- Fondo solidario de libros de texto: alumnado matriculado de 3º a 6º de Educación Primaria e ESO.
- Axudas para adquirir libros de texto: alumnado matriculado en 1º e 2º de Educación Primaria.
- Axudas para adquirir material escolar: alumnado matriculado de 1º a 6º Educación Primaria e ESO.
Poderase presentar presencialmente na secretaría do centro ou telemáticamente a través da aplicación Fondosolidario empregando calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e Chave365.
Recoméndase que a persoa solicitante sexa a persoa que vaia a recoller o vale de axuda de libros, material escolar ou os libros do fondo solidario. De non ser así para a recollida, haberá que traer unha autorización por escrito da persoa solicitante con fotocopia do DNI da persoa solicitante e da autorizada.
Cando o alumnado, no momento de presentar a solicitude, aínda non estea admitido en ningún centro docente para o curso 2022/23, deberá presentala no centro en que estivese matriculado no curso 2021/2022.
Podedes descargar aquí os Anexo I e Anexo II
Ante calquera dúbida, podedes chamar á secretaria do centro 886 120 161.
Máis información:
- ORDE do 29 de abril de 2022 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2022/23 (códigos de procedemento ED330B, ED330G e ED330H) (Enlace aquí)
NOVAS INSTRUCCIÓNS SOBREO O USO DA MÁSCARA
Como sabedes, onte 20 de abril, a Xunta de Galicia publicou unhas novas DIRECTRICES SOBRE O USO DA MÁSCARA NO ÁMBITO EDUCATIVO na nosa Comunidade Autónoma, tedes toda a información neste enlace ou se existira algunha dúbida, podedes poñervos en contacto co Centro.
- 1
- 2
- 3
- 4
- seguinte ›
- última »