FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR CURSO 2022-2023

Estimadas familias:

Está aberto o prazo desde o día 19 de maio ata o 22 de xuño de 2022 (inclusive).

Poderase solicitar:

  • Fondo solidario de libros de texto: alumnado matriculado de 3º a 6º de Educación Primaria e ESO.

 

  • Axudas para adquirir libros de texto: alumnado matriculado en 1º e 2º de Educación Primaria.

 

  • Axudas para adquirir material escolar: alumnado matriculado de 1º a 6º Educación Primaria e ESO.

Poderase presentar presencialmente na secretaría do centro ou telemáticamente a través da aplicación Fondosolidario empregando calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e Chave365.

Recoméndase que a persoa solicitante sexa a persoa que vaia a recoller o vale de axuda de libros, material escolar ou os libros do fondo solidario. De non ser así para a recollida, haberá que traer unha autorización por escrito da persoa solicitante con fotocopia do DNI da persoa solicitante e da autorizada.

Cando o alumnado, no momento de presentar a solicitude, aínda non estea admitido en ningún centro docente para o curso 2022/23, deberá presentala no centro en que estivese matriculado no curso 2021/2022.

Podedes descargar aquí os Anexo I e Anexo II 

Ante calquera dúbida, podedes chamar á secretaria do centro 886 120 161.

 

 Máis información:

  • ORDE do 29 de abril de 2022 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2022/23 (códigos de procedemento ED330B, ED330G e ED330H)  (Enlace aquí)

 

Powered by Drupal - Design by artinet