O alumnado de 4ºA convertíronse en actores e actrices dunha obra de teatro escrita, dirixida e producida por eles mesmos onde se traballa o valor da cooperación.
Esperamos que vos guste!
Clicade na imaxe e disfrutade.
Feliz Verán!
O venres 10 de xuño, visitamos o Ceip Ría de Vigo, para facer a nosa última representación de Teatro "O día e a noite". Actuamos ante un público moi entendido, que estiveron moi atentos durante toda a representación. Rematamos a mesma facendo bailar a todo o público dirixidos maxistralmente pola mestra María.
Despois da actuación obsequiáronnos cuns diplomas e cunha estupenda merenda; cando rematamos disfrutamos dun ratiño de lecer compartido no patio.
E antes de marchar agasalláronnos cunhas bonitas plantas que de seguro coidaremos con moito esmero.
Agradecer ó mestre Manolo a súa colaboración como especialista en son e imaxe; a mestra, Ana Fernández, como reponsable desta actividade qeu nos acompañou todo o curso; e, o mestre Victorio pola idea e creación dos diálogos.
Noraboa ós/ás artistas e ós/ás mestres/as por toda a dedicación!
Os alumnos/as de 5º de primaria foron os encargados/as, este curso, de representar ó colexio nas Xornadas Municipais de Teatro Escolar 2016 e no tamén no Teatro Intercentros.
O mércores 4 de maio debutaron, tendo a responsabilidade añadida de innagurar as xornadas deste ano. O noso grupo, coa obra: "Os amigos da noite", actuou no Auditorio do Concello en presenza de numerosos pais e nais, do alumnado de 4º do noso centro, do colexio Valle Inclán e da Escola Municipal de Teatro, este dous últimos como participantes.
As xornadas foron innaguradas polo Sr. Alcalde e a nosa directora, Olga, en calidade de Conselleira de Educación.
A obra foi todo un éxito. Despois duns meses de duro traballo, os/as 38 alumnos/as de 5º fixeron as delicias dos espectadores do Auditorio.
Moi ben rapaces, sodes uns verdadeiros artistas!
Deixámosvos a gravación da mesma:
O grupo de teatro do Ceip Pintor Laxeiro foi o encargado de facer as delicias dos nenos e nenas do colexio, de segundo curso ata sexto, dentro do programa de teatro intercentros.
(Cartel anunciador da obra de teatro)
Interpretaron para nós a obra: "A viaxe de Farrapos", a historia dun boneco de neve que viaxa ao longo das estacións da vida . A actuación resultou entretenidísima, non falto música nin baile. O rematar repartíronse agasallos, obsequiámoslles con unha boa merenda e tamén xogaron un bo rato no patio.
O noso grupo de teatro visitará o Ceip Pintor Laxeiro o 10 de maio.
A continuación podedes ver unhas imaxes da representación:
Hoxe, 7 de abril de 2011, os nenos e nenas de 4º de primaria acudimos o Auditorio da ESAD (Escola Superior de Arte Dramático) a interpretar a obra de teatro "O Espíritu do bosque". Alí compartimos función co Ceip Seis do Nadal e Ceip O Pombal.
Decirvos que foi todo un éxito. Noraboa a todos e todas polo voso esforzo!!!
Nesta ocasión fomos acompañados do alumando de 5ºA que fixeron de figurantes durante a representación, moitas grazas pola vosa colaboración.
Deixámosvos unhas fotos dos ensaios e da chegada cos diplomas obtidos pola nosa estupenda participación.
O VÍDEO DA OBRA DE TEATRO
CURSOS ANTERIORES
Título | Data de envio |
---|---|
DÍGOCHO EU! 5°B | 07/06/2023 - 15:45 |
DÍGOCHO EU! 6 INFANTIL A | 06/06/2023 - 15:32 |
WORKING ON ARCIMBOLDO | 05/06/2023 - 18:10 |
PRIMAVERA SOBRE RODAS | 05/06/2023 - 16:54 |
OBRADOIROS "FAI CLIC AO TEU BOCATA" | 05/06/2023 - 12:37 |
OBRADOIROS " TI SI QUE ES UN BO PEIXE" | 30/05/2023 - 09:27 |