Secretaría

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR CURSO 2022-2023

Estimadas familias:

Está aberto o prazo desde o día 19 de maio ata o 22 de xuño de 2022 (inclusive).

Poderase solicitar:

  • Fondo solidario de libros de texto: alumnado matriculado de 3º a 6º de Educación Primaria e ESO.

 

  • Axudas para adquirir libros de texto: alumnado matriculado en 1º e 2º de Educación Primaria.

 

  • Axudas para adquirir material escolar: alumnado matriculado de 1º a 6º Educación Primaria e ESO.

Poderase presentar presencialmente na secretaría do centro ou telemáticamente a través da aplicación Fondosolidario empregando calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e Chave365.

Recoméndase que a persoa solicitante sexa a persoa que vaia a recoller o vale de axuda de libros, material escolar ou os libros do fondo solidario. De non ser así para a recollida, haberá que traer unha autorización por escrito da persoa solicitante con fotocopia do DNI da persoa solicitante e da autorizada.

Cando o alumnado, no momento de presentar a solicitude, aínda non estea admitido en ningún centro docente para o curso 2022/23, deberá presentala no centro en que estivese matriculado no curso 2021/2022.

Podedes descargar aquí os Anexo I e Anexo II 

Ante calquera dúbida, podedes chamar á secretaria do centro 886 120 161.

 

 Máis información:

  • ORDE do 29 de abril de 2022 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2022/23 (códigos de procedemento ED330B, ED330G e ED330H)  (Enlace aquí)

 

NOVAS INSTRUCCIÓNS SOBREO O USO DA MÁSCARA

 mascarilla buho

Como sabedes, onte 20 de abril, a Xunta de Galicia publicou unhas novas DIRECTRICES SOBRE O USO DA MÁSCARA NO ÁMBITO EDUCATIVO na nosa Comunidade Autónoma,  tedes toda a información neste enlace ou se existira algunha dúbida, podedes poñervos en contacto co Centro.

 

NOVIDADES COVID-19 (ABRIL 2022)

Comunicación conxunta das Consellerías de Sanidade e Educación sobre a nova estratexia e control do SARS-CoV-2 na etapa de transición en Galicia no ámbito educativo

01/04/2022

(Pincha na imaxe)

máscara

 

PROCEDEMENTOS E CRITERIOS XERAIS DE AVALIACIÓN, PROMOCIÓN E TITULACIÓN

CRITERIOS DE PROMOCIÓN E TITULACIÓN da EDUCACIÓN PRIMARIA

De acordo coa disposición transitoria cuarta da Orde do 25 de xameiro de 2022 pola que se actualiza a normativa da avaliación nas ensinanzas de Educación primaria, de Educación Secundaria e de Bacherelato no sistema educativo de galicia, publicamos os criterios de promoción da etapa de Educación Primaria (ver documento adxunto)

 

Admisión

Luns 21 de marzo de 2022: Último día do período de Admisión.

Powered by Drupal - Design by artinet