AXUDA ESCOLARES MUNICIPAIS CURSO 20/21

 
Información recollida da sede electrónia do Concello de Vigo

Concesión de axudas municipais de libros, material escolar e comedor para alumnos/as de centros docentes de educación infantil (2ª etapa), educación primaria e secundaria do Concello de Vigo – Curso 2020-2021.

As axudas de libros, material escolar e comedor van dirixidas, prioritariamente, a menores de familias con dificultades socioeconómicasey dificultades en conciliar a súa vida familiar e laboral.

A finalidade última das subvenciones de comedor é apoiar ás unidades familiares que, por insuficiencia de recursos económicos, non poden afrontar o coste do servizo.

O prazo de presentación das solicitudes será dende o 25 de xuño ao 22 de xullo.

As solicitudes presentaranse mediante cita previa a través de: www.vigo.org ou nos teléfonos 010 ou no 986 810 260

 

No colexio temos á vosa disposición os impresos e toda a información que precisades.

 

Documentación

Powered by Drupal - Design by artinet