O EQUIPO DO FRIAN NO ATLETISMO EN PISTA

O noso alumnado de 4º de Primaria acudiu o pasado luns ás instalacións de atletismo montadas no IFEVI.

Alí, gozamos dunha xornada de convivencia con outros centros da contorna, e competimos en diferentes

probas como 500 metros lisos, salto de lonxitude e lanzamento de peso e vórtex entre outras.

Esta actividade forma parte do plan proxecta de actividades de vida activa e deportiva dentro do programa

XOGADE.

Foi unha experiencia inesquecible e formamos un equipo de primeira!

 

Powered by Drupal - Design by artinet