Seguindo a tracdición doutros cursos, o alumnado de 6º do noso colexio, foi de visita ó que será o seu Instituto dentro duns meses.
O IES ROU recibiunos cos brazos abertos. Na entrada estabanos esperando persoal docente e alumnado (exalumnos e exalumnas do Frian na maior parte).
No patio interior "Ágora" escoitamos unha presentación sobre o Quixote de Cervantes, acudimos á aula da sección bilingüe de Science, ó laboratorio, á biblioteca, ó horto e ó ximnasio. Sempre estivemos acompañados por excompañeiros e excompañeiras que nos ían contando peculiaridades dos distintos espazos. Agasalláronnos cunha estupenda merenda, que nos fixo repoñer forzas para camiñar hacia Frian.
Moitas grazas pola vosa acollida e... vémonos axiña!