Novas

BOLSAS NEAE

bolsas neae 2024/25

Preme aquí para acceder ás instrucións para solicitar as bolsas NEAE para o curso 24/25.

 

Lembrade que o prazo de presentación de solicitudes esténdese do 30 de abril ata o 13 de setembro de 2024.

PUNTO LARANXA FÍSICO

Seguindo o novo "Protocolo Educativo para a prevención, detección e tratamento do acoso e ciberacoso escolar", xa está disponible nas instalacións do centro o punto laranxa contra o Acoso e o Ciberacoso Escolar.

cartel laranxa

Trátase dun espazo físico, que funciona como unha caixa de correo, onde calquera persoa coñecedora dunha situación de posible acoso poderá comunicalo de forma totalmente anónima.

buzón laranxa

Lembrade que podedes atopalo ao carón da sala de mestres/as.

Se precisades máis información, podes premer aquí:
https://drive.google.com/file/d/1_yLUsxOTHT3cgLT-qkXRO2t3jAvygsAW/view?usp=sharing

SOLICITUDE ADMISIÓN CURSO 2024/25

SOLICITUDE PRAZA 24/25

Dende o día 1 ata o 20 de marzo (ambos incluídos) estará aberto o prazo de solicitude ordinaria de admisión para o curso académico 2024/25.

A solicitude pode facerse de dúas formas:

Presentación electrónica a través da aplicación informática admisionalumnado (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/), cubrindo o modelo ED550B e o Anexo II-bis. Para elo, é necesario que dispoñades de certificado de identidade e sinatura dixital ou Chave365.

Presentación presencial na secretaría do noso centro. Neste caso, podedes solicitarnos a documentación a cubrir ou ben descargala na aplicación admisionalumnado e imprimila.

Ante calquera dúbida podedes contactar coa secretaría do centro (886120161), en horario de 9:00 a 13:30h,  de luns a venres.

 

Powered by Drupal - Design by artinet