O entroido
Entroido 2020
Despois duns días de moitos preparativos, por fin chegou o día do desfile.
Este ano tivemos un aliado perfecto, o sol, así as nosas comparsas, facendo referencia a distintos temas do noso P.D.I. anual "Vigo, cidade de cores" luciron fantasticamente.
Un cento de "Dinosetiños e dinosetiñas" tomaron as rúas coa súa cor verde; un grupo. ben grande de "Merdeiros e merdeiras", animaron a mañán e encheron a rúa do seu cheiro característico; "Os anunciantes dos museos" fixéronnos unha proposta moi interesante para estes días de Entroido; e, o pasado chegou ao noso barrio cuns "Vigueses e viguesas da Reconquista".
Cunha grande expectación, e centos de móviles e cámaras recollendo o momento, demos un bo paseo polo barrio. Xa moi cansadiños e cansadiñas voltamos ao cole para desfrutar dunhas xornadas merecidas de descanso.
Queremos aproveitar para dar as grazas a todas as familias que participaron dalgún xeito nos obradoiros de creación dos disfraces, sen elas sería imposible; e tamén os pais e nais que nos acompañaron e amenizaron o desfile coas gaitas e pandeiretas.
Deixámosvos as primeiras fotos dos grupos, desfrutade con elas.
Premendo na seguinte imaxe atoparás moreas de fotos e vídeos que o mestre Jose fixo durante o desfile.
Grupo musical
Durante toda a semana estivemos ben atentos/as "Os mandadiños do meco"
Tamén o luns, que e o día adicado a postres caseiros, dentro do calendario de merendas saudables, compartimos sobremesas de entroido, estaban ben boas!
Jorge, pai de Xorxe de 6ºB, realizou un obradoiro sobre "Os Meredeiros" que recollemos no seguinte vídeo:
Bo entroido 2020!
MERENDAS COMPARTIDAS DE ENTROIDO
Xa chegou o tempo do Entroido e decidimos que como os luns son os días das merendas caseiras, que mellor que compartir nas aulas unha merenda de Entroido ( filloas, orellas, rosquillas...)
Xa nos explica Alba Otero que son moi saudables
TEMPO DE ENTROIDO!!!
ENTROIDO 2014 |
|
ENTROIDO 2013
|
|
ENTROIDO 2012
|
|
ENTROIDO 2011 |
|
ENTROIDO 2010 |
Entroido 2011
Chega o Entroido! Nós xa estamos a preparar os nosos disfraces.
A continuación, presentámosvos unha serie de recursos sobre o Entroido que, xenerosamente, teñen posto á nosa disposición diversos compañeiros doutros colexios. Aprendede e disfrutade con eles!
PARA INFORMARTE
|
||
Para saber sobre o entroido | ||
Galicia Espallada afonda nos orixes e ritos do entroido | ||
Aquí tendes un enlace á páxina de Vieiros na Escola, onde se publica un monográfico sobre o Entroido na provincia de Ourense. |
||
|
A través do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares, a nosa compañeira Sabela Lahuerta, mestra na Escola Unitaria de Vide, achéganos esta recompilación de actividades e informacións sobre o Entroido para nenos e nenas de Educación Infantil |
|
|
Casa de tol@s. Coma sempre, Belén, mestra, compañeira e amiga, ofrécenos, a través do seu blog, un montón de recursos para traballar, neste caso, o Entroido |
|
|
Web de Norberto. Nesta páxina atoparás unha chea de recursos sobre o Entroido. |
|
ACTIVIDADES MULTIMEDIA PARA TRABALLAR NA AULA
|
||
Lim de Rosa González: O entroido...e Vigo! |
||
Lim do CRA Raiña Aragonta, dos entroidos da provincia de Ourense.Educación infantil e 1º ciclo. |
||
Lim colaborativo sobre o Entroido |
||
Fai máscaras con VEDOQUE on-line |
||
Caza do tesouro do entroido en Galicia de Elena Bauluz |
||
Tamén a través do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares nos chega esta webquest elaborada por Julia González, mestra no C.E.I.P. Mestres Goldar, de Vigo. |
||
|
Caza do tesouro: El carnaval en el mundo. Orixes do entroido. Traballo feito polo Colexio Público San Walabonso, Junta de Andalucía |
|
OUTRAS ACTIVIDADES
|
||
|
Actividades plásticas: |
|
RECEITAS DE ENTROIDO |
||
|
O noso recetario de entroido. Propoñémosvos facer un libro de receitas do outono, podedes descarga no seguinte enlace un modelo para facer unha receita: receita de entroido |
|
FACENDO HISTORIA EN FRIAN
|
||
Dende o colexio de Frian tamén queremos aportar o noso traballo de anos anteriores. Se non sabes aínda que disfraz poñerte bota unha ollada...
Entroido 2010: O MUNDO É GRANDE!!!
|