ENTROIDO 2012

Un ano máis as rúas Aragón, Bailén e Travesía enchéronse de cor co desfile da nosa Comunidade Educativa.

O tema elixido este ano foi "O Planeta bosque" . Cada nivel está a estudar árbores representativas de distintas partes do mundo e dun xeito u outro o reflectiron  nos seus disfraces. Así poidemos ver: dragóns (o drago), unha tribu nixeriana (a palmeira), castiñeiros, granadas (o granado), guatemaltecos (a ceiba) e cerdeiras

Despois de facer as fotos de grupo, ás 11.30 saímos polas rúas preto do cole. Rematamos a nosa andaina na entrada do Centro Comercial do Troncal, onde nos esperaban familiares e vellos amigos que sempre están dispostos a tocar algunha  peza.

De volta no colexio unhas coplas, música o testamento do Meco  e ...a queima (que momento tan esperado)

Deixámosvos as fotos dos grupos e nuns días máis...

VISITA A NOSA GALERÍA FOTOGRÁFICA

VÍDEO DO ENTROIDO

 
                                                           AS SEGUINTES FOTOS PÓDENSE DESCARGAR

 

FOTOS DO DESFILE
 

 

Para completar a noticia visita o Blog da Biblioteca

 

MÁIS VÍDEOS: AS COPLAS DE ENTROIDO E O TESTAMENTO DO MECO

 


Powered by Drupal - Design by artinet