DÍA DA DISCAPACIDADE

 

 

 discapacidade

 

 

A principios deste mes celebramos o día da discapacidade cunha actividade na que simulamos unha discapacidade visual. Levouse a cabo varias actividades adaptadas o nivel dos distintos cursos. En infantil e 1º de primaria estas actividades foron manipulativas, como recoñecer os compañeiros ou diversos obxectos mediante o tacto, ou debuxar distintas figuras nun papel continuo formando un mural por curso. Por outra banda, de 2º a 6º de primaria as actividades foron motrices. Realizouse un circuito con tres estacións. Ditas estacións foron tirar penaltis, xogar aos bolos e encestar nunhas canastas-cestas, sempre coa axuda dun compañeiro/a que non simulaba a discapacidade visual que estábamos traballando.

 

discapacidade 2

 

Esta actividade tivo unha gran aceptación por parte do alumnado do centro.

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet