O martes 16 de nadal, preto da vacacións, asistimos a unha actividade nas instalacións do Centro comercial do Troncal. Repasamos moitas características do sistema solar, vestidos de astronautas.
Aprendemos moito e pasámolo moi ben!
O martes 16 de nadal, preto da vacacións, asistimos a unha actividade nas instalacións do Centro comercial do Troncal. Repasamos moitas características do sistema solar, vestidos de astronautas.
Aprendemos moito e pasámolo moi ben!
O alumnado de 3º, 4º e 5º visitaron o Museo do Mar de Galicia (Xunta de Galicia)os días 25 e 26 de setembro.
Así arrincan as nosas saídas didácticas, que este curso, de seguro, terán que ver moito co tema do mar; xa que este ano o PDI da nosa Biblioteca será "A lingua sabe...a mar".
Repartidos en grupos de 25 alumnos/as traballamos sobre dous obradoiros: "Vida submarina" e "A cultura do mar".
Aprendemos moio sobre: embarcacións tradicionais, o mundo dos percebeiros, aperos de pesca, salgadura, bateas, conservas...
Houbo moitas actividades prácticas; captura de baleas, pesca desde embarcación tradicional, remo, recoñecemento de fondos mariños..
Para rematar a xornada, visitamos o acuario deste Museo, onde observamos moitos peixes da nosa ría e unha langosta...enorme.
Pasámolo moi ben e aprendemos moito!
Os alumnos/as de 3º A e 3º B fomos invitados por Aqualia a un acto, na súa sede, para celebrar o "Día do Medio Ambiente", por ser o colexio de Vigo cun consumo de auga máis responsable.
Alí estivemos preparando unha cantiga sobre a auga por grupos e ao final, cantamos todos xuntos.
Foi moi divertido!!
O mestre Jose achéganos o seguinte vídeo publicado en Televigo nas Noticias:
O alumnado de 3º,4º e 6º de primaria fomos visitar o "Muíño da Regueira" situado en Matamá.
Este muíño, que estaba fai uns anos abandonado e tapado pola maleza, foi recuperado grazas a iniciativa conxunta de varias entidades.
Cando chegamos o mesmo esperábanos o Sr. Ventura e o seu fillo Marcos. Eles foron os encargados de explicarnos o exterior e o interior do muíño. Primeiro contáronnos como se desviou o río para levar a auga ata o muíño e fóronnos indicando todas as partes do mesmo tanto exteriores como interiores.
Puidemos comprobar o funcionamento do rodicio grazas a caída da auga acumulada no cubo. Despois, xa dentro do tremiñado vimos a moa en movemento. Alí, estaba a fariña, que puidemos ver, moer e ata probar.
Resultou unha saída estupenda!
CURSOS ANTERIORES
Título | Data de envio |
---|---|
THANKSGIVING | 05/12/2023 - 17:36 |
SPORTS AND ... | 05/12/2023 - 17:31 |
ESCOLA DE FAMILIAS | 05/12/2023 - 17:27 |
CHEGA O OUTONO !!! | 28/11/2023 - 18:36 |
ESCOITANDO O SAMAÍN | 28/11/2023 - 18:26 |
DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO | 26/11/2023 - 21:23 |