O alumnado de 3º, 4º e 5º visitaron o Museo do Mar de Galicia (Xunta de Galicia)os días 25 e 26 de setembro.
Así arrincan as nosas saídas didácticas, que este curso, de seguro, terán que ver moito co tema do mar; xa que este ano o PDI da nosa Biblioteca será "A lingua sabe...a mar".
Repartidos en grupos de 25 alumnos/as traballamos sobre dous obradoiros: "Vida submarina" e "A cultura do mar".
Aprendemos moio sobre: embarcacións tradicionais, o mundo dos percebeiros, aperos de pesca, salgadura, bateas, conservas...
Houbo moitas actividades prácticas; captura de baleas, pesca desde embarcación tradicional, remo, recoñecemento de fondos mariños..
Para rematar a xornada, visitamos o acuario deste Museo, onde observamos moitos peixes da nosa ría e unha langosta...enorme.
Pasámolo moi ben e aprendemos moito!