Visitamos o Estadio Balaídos

Hoxe, primeiro día do mes de Decembro, o alumnado de 4º fomos ao estadio de Balaídos, con Victorio, Lucía e Manolo.

CAMPO BALAÍDOS

Vimos onde entrevistan aos entrenadores de cada equipo e mais ós dous mellores xogadores. Logo, a monitora, levounos a ver todos os trofeos que gañaron desde que construíron o estadio de Balaídos.

Un pouco despois ensinounos o vestiario dos xogadores e por último, despois de atravesar o campo, a monitora deixounos sentar nos asentos dos invitados do presidente do Celta de Vigo. Antes de volver ó autobús, o monitor regalounos unhas pulseiras do Celta.

 

Powered by Drupal - Design by artinet