Visita ó Castro: Seguridade Vial

O pasado luns o alumnado de sexto A visitamos o Castro para facer unha actividade sobre SEGURIDADE VIAL. Dous Policías locais estaban agardando por nós. Organizáronnos por grupos e a modo de simulacro percorrimos en bicicleta o recinto preparado para conducir pola “pequena cidade” con semáforos, sinais e peóns. Foi moi interesante. Grazas pola experiencia.

 

Powered by Drupal - Design by artinet