Visita ao Concello do alumnado de 6º

     Hoxe día 7 de abril, o alumnado de sexto curso visitamos o Concello de Vigo. Dous monitores axudáronnos na visita. Subimos ao noveno piso, ata a sala de prensa, as vistas eran espectaculares. Logo baixamos a unha clase de canto e baile. Tamén sentámonos onde fan os plenos, é dicir no lugar onde o alcalde fala con todos os partidos e toman decisións. Finalmente visitamos o laboratorio. Pasámolo moi ben.

 


Moitas grazas

 

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet