10 de marzo
Aquí temos ó alumnado de 6º preparando os bancais para sementar as plantas do semilleiro que están comezando a xerminar.
10 de marzo
Aquí temos ó alumnado de 6º preparando os bancais para sementar as plantas do semilleiro que están comezando a xerminar.
Con Impórtanos e Amigos da Terra
Ao longo deste curso e a pesar de que a choiva non deu tregua, conseguiuse organizar unha pequena horta escolar e comezar con ela un proxecto baseado no acercamento á natureza e aos recursos que achega, á valoración da agricultura, da alimentación e da saúde, no respecto ás mulleres e aos homes que co seu esforzo e saber traballan neste campo, e, asemade, na concienciación de que todos os cambios que se producen acotío no mundo repercuten -e non sempre do mellor xeito- no medio ambiente, na economía, na cultura, na sociedade e, en definitiva, na vida de todas e todos nós.
Co compromiso e a ilusión de mestras e mestres, nenas e nenos e sempre baixo a guía de Belén Fervenza, sementamos leitugas, tomates, porros, lombarda, repolo, pementos … coidamos os sementeiros, cavamos, plantamos na horta, regamos, empregamos pás, sachos e regadeiras, algunhas ata elaboradas con material de refugallo, pero ferramentas ao fin e ao cabo!!!
Esperamos seguir aprendendo e medrando moito tod@s xunt@s!!!
SEMENTANDO
CAVAR, PLANTAR, REGAR .... E APRENDER XUNT@S
Visitamos a horta no mes de agosto, e comprobamos que a natureza segue o seu curso:
O xoves 24, David Ramos, da Escola Profesional de Enxenaría e informática de Galicia (CPEIG), dentro do programa Navega con rumbo, explicou ó alumnado abalar as claves para unha navegación segura.
Falounos da importancia de manexarse ben pola rede; dos perigos, ós que estamos expostos; e dos coidados que debemos ter cando navegamos.
Empregamos a internet para achegarnos ó coñecemento, para comunicarnos en grupo, como entretemento e ocio, pero temos que saber que poderemos atoparnos con contido erróneo e inadecuado.
Durante a charla recibimos pautas para navegar seguro e recomendounos ó alumnado que cando teñamos dúbidas preguntemos os nosos pais/nais ou mestres.
Como podedes ver na seguinte reportaxe fotográfica o alumnado estuvo ben atento.
Moitas grazas David, por unha charla tan interesante e amena.
A sementeira
Xa comezou a primavera e este tempo anima ao traballo no horto escolar. Xa fai dúas ou tres semanas, os/as alumnos/as de 6º, coordinados pola súas titoras Marisa e Celsa, sementamos algunhas sementes e plantamos varias plantas. Así podemos ver xa: allos, amorodos, verza galega, gladiolos, rabos, tulipáns, leitugas, patacas, espinacas, ervellas,tomates, perexil, petunias, rosais, hortensias, etc. Da gusto aprender traballando ao aire libre e ver o axiña que medran as plantas cada día. Cúmprese o refrán " fai máis o verán que o temperán".
A rosa é a miña flor preferida.
CURSOS ANTERIORES
Título | Data de envio |
---|---|
CHUS LAGO E FATA VISITAN O FRIAN | 29/02/2024 - 16:32 |
SOLICITUDE ADMISIÓN CURSO 2024/25 | 28/02/2024 - 16:16 |
TAFA | 25/02/2024 - 12:52 |
DÍA DE ROSALÍA 2024 | 23/02/2024 - 17:07 |
ABALAR PROFESORADO | 18/02/2024 - 13:58 |
ENTROIDO 2024 | 15/02/2024 - 18:26 |