A HORTA ESCOLAR 2015/16

Con Impórtanos e Amigos da Terra

 

Ao longo deste curso e a pesar de que a choiva non deu tregua, conseguiuse organizar unha pequena horta escolar e comezar con ela un proxecto baseado no acercamento á natureza e aos recursos que achega, á valoración da agricultura,  da alimentación e da saúde, no respecto ás mulleres e aos  homes que co seu esforzo e saber traballan neste campo,  e, asemade, na concienciación de que todos os cambios que se producen acotío no mundo repercuten -e non sempre do mellor xeito- no medio ambiente, na economía, na cultura, na sociedade e, en definitiva, na vida de todas e todos nós.

Co compromiso e a ilusión de mestras e mestres, nenas e nenos e sempre baixo a guía de Belén Fervenza, sementamos leitugas, tomates, porros, lombarda, repolo, pementos …   coidamos os sementeiros, cavamos,  plantamos na horta, regamos, empregamos pás, sachos e regadeiras, algunhas ata elaboradas con material de refugallo, pero ferramentas ao fin e ao cabo!!!

 

Esperamos seguir aprendendo e medrando moito tod@s xunt@s!!!

 

SEMENTANDO

 

 CAVAR, PLANTAR, REGAR .... E APRENDER XUNT@S

   

 

 

Visitamos a horta no mes de agosto, e comprobamos que a natureza segue o seu curso:

Powered by Drupal - Design by artinet