CHEGA O FROITO.

Que ben traballaron os nenos e nenas do cole na horta!  Que ben a coidaron!  Plantando e regando,  empregando produtos naturais para preservar a saúde e  o entorno, colaborando e axudando todos/as... E, como non podía ser doutra maneira, chegaron os resultados. Aí temos  estas magníficas leitugas  que  permitirán disfrutar dunha deliciosa comida e, asemade, seguir os hábitos de alimentación saudable polos que tanto se traballa na escola a través do programa Aliménta-T ben, impulsado pola profe Montse.

Powered by Drupal - Design by artinet