Animación á lectura

Obradoiros literarios de 5ºB

O alumnado de 5º B estamos a facer unha actividade de “Animación á escritura e lectura " .

Facemos borradores dos nosos contos e cando temos o texto definitivo o escribimos e ilustramos. Cada venres imos a unha clase de Educación Infantil do cole e lemos as nosas producións.

Acompañamos a nosa lectura con actividades de animación.

Un resumo do noso traballo podedes ver no seguinte vídeo:

Grazas quinto por compartir os vosos contos e grazas infantil por escoitalos!

MOCHILAS VIAXEIRAS TAMÉN EN ENTROIDO

Seguinte ronda dos beneficiarios das mochilas viaxeiras. Esta vez tocoulle gozar delas no Entroido e estaban se cabe aínda mais contentos.

VOLVEN AS MOCHILAS DESPOIS DE NADAL

Coa volta das vacacións de Nadal, continuamos coa nosa aventura das mochilas viaxeiras. Estes foron os agraciados para este mes de Xaneiro.

 

AUDIOCONTO " XA ME GUSTA O NADAL"

 

 

 

O alumnado de Educación Infantil de 4 e 5 anos elaborarón en equipo un audioconto sobre o Nadal, cuns personaxes moi especiais da nosa literatura infantil en galego, onde a gastronomía de Nadal ten un papel importante no conto.

O alumnado de 3 anos tamén colaborou coas voces das personaxes.

Gozade desta historia e non vos esquezades de ler nestas vacacións !!!

 

 

Contos de nadal

Xa está aquí o Nadal e os nenos/as de infantil aproveitan a ocasión para gozar das recomendacións lectoras para estas festas que nos ofrece a nosa biblioteca.

 

Powered by Drupal - Design by artinet