5 anos 20/21

COÑECENDO OS VOLCÁNS

O alumnado de 5 anos de Educación Infantil co motivo do noso PDI "SCIENCE: UNHA VIDA CON-CIENCIA" comezou a traballar os volcáns utilizando como elemento motivador as últimas noticias ocorridas na Palma. Despois de coñecer máis de cerca os volcáns, as súas partes e fases, chegou a parte máis manipulativa que é a que máis nos gusta.

Elaboramos a nosa propia maqueta do volcán así como volcáns para cada un e nós. Despois chegou a parte máis práctica que é coñecer e levar a cabo as fases do experimento ciéntifico para conseguir explosionar o volcán.

 

 

 

O CICLO DA VIDA DOS INSECTOS: METAMORFOSE

Na primavera son moitos os insectos cos que podemos gozar cando visitamos o monte ou vamos de paseo pola nosa cidade. Por iso quixemos aprender cal é o ciclo da vida destes animais e como se leva a cabo a súa metamorfose. Utilizando materiais diferentes como fotografías, materiais en 3 D, tarxetas para a mesa de luz para coñecer os nomes e elaboramos un traballo colaborativo ca metamorfose dalgúns insectos como a xoaniña, a bolboreta , a abella e anfibios como a rá.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

XOGAMOS E APRENDEMOS: MBOTS EN 5 ANOS

Os Mbots xa chegaron a clase de 5 anos. A través deles traballamos diferentes contidos pero sobretodo nos divertidos e aprendemos xogando. Como nos gusta  a robótica en infantil!!!

A través de diferntes tableiros adaptados ás diferentes idades e centros de interese , xogamos e aprendemos: lóxica-matemática,lectoescritura, contorno...

 

LECTOESCRITURA DINÁMICA

O inicio da lectoescritura é un proceso evolutivo que  en 5 anos colle se cabe máis forza. Cada neno ten o seu ritmo , cada un a súa motivación e interese pero o que teñen todos é ganas de aprender e divertirse. Por iso o xogo é un recurso fundamental para traballar a lectoescritura. A través da ruleta e de traballar a conciencia fonológica nos divertimos e aprendemos. Nos encanta xogar coa ruleta !!!

SEMENTAR SEMENTAREI....

O horto é sen dúbida unha das actividades que máis atrae os nenos. Despois de plantar amorodos agora quixemos plantar flores e outras especias en pequeñas macetas para logo poder replantar.

Para eso coñecimos os diferentes pasos do ciclo da vida das plantas e todo o que debíamos facer .Primero collimos terra para as nosas macetas no horto e despios plantamos as sementes na clase.

Para rematar fixemos unha pequena exposición das partes dunha planta e as fases. Canto tardarán en medrar as nosas flores???

Powered by Drupal - Design by artinet