Actividades

MMM QUE RICAS E SANAS ESTÁN AS LARANXAS

Unhas cantas laranxas na clase e rapidamente fixemos uns riquísimos zumes de laranxa. Tan ricos estaban e tiñan tantas vitaminas que repetimos varias veces!!! Como nos gusta a froita e se é en zume moito mais.

 

"A CASTAÑA " 3 ANOS A

O plan lector en Educación Infantil é sempre moi activo e motivador. Dous días á semana facemos o plan lector de xeito conxunto con lecturas en voz alta, lecturas compartidas, contos teatralizados, títeres. Esta semana os mais pequechos do cole de 3 anos A nos deleitaron cun pequeno contacontos sobre unha castaña do Magosto. Non vos perdades a estes cativos que son uns verdadeiros artistas!!!

 

"AS TRES BRUXAS COMEPERNAS" POEMA NOELIA E MARIETA 4 ANOS B

Neste Samaín contamos con Noelia , a mama de Marieta de 4 anos B que nos acompañou neste día tan especial para contar un poema creado por ela e a súa filla "As tres bruxas comepernas". Todos os nenos encantóulles esta visita e despois agasallaron os nenos con caramelos por portarse tan ben. Grazas por vir a pasar este día con nós.

 

Traballando cos sentidos

Os nosos sentidos nos axudan a coñecer o mundo que nos rodea. Na aula de 4 anos B levamos a cabo obradoiros que estimularán os nosos sentidos. Nesta ocasión tocoulle o sentido da vista e do gusto. Como nos sentiríamos se non puideramos ver ? Sería capaz de recoñecer os meus compañeiros se non os puidera ver? Que sabores son mais agradables e cales mais desagradables para min?

Experimentamos a través dos sentidos.

Bote da calma

A través do proxecto " Coñezo o meu corpo" o alumnado de 4 anos levou a cabo un obradoiro de elaboración dun bote da calma. O bote da calma ou bote sensorial sirve para estimular  o sentido da vista e a súa vez é un bo recurso de relaxación . Elaboramos entre todos un  bote da calma coñecendo os diferentes ingredentes e as familias elaborarán un na casa.

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet