Actividades varias

Actividades varias

OBRADOIRO DE REGUEIFAS

Regueifas para o alumnado do terceiro ciclo

durante a regueifa

Hoxe tivemos o pracer de compartir con Luis "O Caruncho" e Pinto d'Herbón un obradoiro de regueifas organizado pola Concellería de Normalización Linguística do Concello de Vigo para potenciar o noso Galego.

Acompañados de zanfona e con moi imaxinación arrincaron cunha regueifa:


 

Explicáronnos que  as regueifas ou Pan de voda son unha estrofa ou copla popular onde hai unha rima asonante ou consonante entre os versos 2º e 4º, cun ritmo moi pegadizo.

Fixemos as nosas propias regueifas; aprendemos moito; pasámolo moi... moi ben; e sobre todo practicamos o noso Galego dun xeito diferente.

Podédelo ver no seguinte vídeo e reportaxe fotográfica:


Moitas grazas a todos e todas, os que facedes posible este tipo de actividades!

DE DESPEDIDA

O venres día 9 de Novembro, Ainhoa García Guisande, alumna de 5ºA, tivo que deixar o noso cole para incorporarse o CEIP de Belesar, pero os seus compañeiros e compañeiras fixéronlle un agasallo que nunca esquecerá.

 

Ainhoa co seu agasallo nas seguintes fotos.

ainhoa

 


 

 


2º OBRADOIRO DE LINGUA GALEGA

 

A voltas coa Lingua

O alumnado de 3º e mais 2º B participou nunha actividade chamada "Ludoteca lingüística". Dun xeito lúdico, fixeron distintas probas para combater un "virus" que paraliza a lingua cando queremos falar no idioma galego. Pasárono moi, moi ben.

 

E para finalizar unha foto de familia.

obradoiro da lingua

OBRADOIRO PREVENCIÓN DE DROGODEPENDENCIAS

Ó Equipo de Orientación organizou un obradoiro para o alumnado de 6º sobre  a Prevención da drogodependencia.

Esta semana o alumnado de 6º comezou un obradoiro organizado pola Concellería de Política e Benestar, xunto coa Alcaldía e a PLsDA (Plan Local sobre drogodependencias e outras adiccións). A encargada de dirixir este obradorio é Fani, que durante 4 sesións o longo do mes de outubro e novembro daranos información necesaria para abordar este tema.

OBRADOIRO: CAMIÑO DA LINGUA

Hoxe día 11 de Outubro, os nenos e as nenas de 5º, participamos nun obradoiro titulado: CAMIÑO DA LINGUA, cuxo obxectivo principal foi achegarnos un pouco máis a lingua galega. Fixemos varios tipos de xogos e concursos, aprendimos cousas sobre a nosa cidade, xogamos cos refráns e as adiviñas... por suposto, utilizando a nosa lingua. Pasámolo realmente ben. Moitas grazas as monitoras Ana e Patricia.

POR LUZ SALVADOR

Powered by Drupal - Design by artinet