Actividades varias

Actividades varias

SAÍDA AO PARQUE DE BOMBEIROS 2018

O día 11 de maio fixemos unha saída ao parque de Bombeiros do Concello de Vigo. Foi moi emocionante dende que chegamos. Fomos moi ben recibidos e decontado ensináronnos todos os camións e o que levaban dentro: bombas, ferramentas, mangueiras ... e un montón de cousas que nos pareceron alucinantes. Estivemos dentro dun camión e no ximmasio onde poidemos divertirnos un bo rato.

Pasámolo moi ben!

 

 

SAÍDA AO TEATRO NO CONCELLO DE VIGO

O día 8 de maio o alumnado de 2º A e 2º B fomos invitados ao Auditorio do Concello de Vigo as xornadas de Teatro Escolar para asistir como público a tres actuacións. Así, estivemos moi atentos. A primeira foi da Escola de Teatro e a segunda foi do CEIP Lope de Vega. Despois tivemos un breve descanso que aproveitamos para xogar fóra e por último entramos para asistir a actuación do colexio San Rafael. Foi unha xornada moi divertida como podedes ollar neste video.

DISEÑANDO XOIAS

concurso xoias

Nesta última semana nas clases de Educación Artística de toda a Primaria estivemos  a deseñar xoias e así poder participar no concurso convocado polo Colexio Oficial  de Xoiería.

Aquí os dixamos algúns exemplos do noso traballo

 

Moita sorte a todos e todas!

 

CELEBRANDO O DÍA DA PAZ

Para traballar sobre a PAZ decidimos facer un gran mural cheo de corazóns que simbolizan a necesidade de cambiar o odio polo amor. Desexamos que rematen as guerras e queremos que en todo o mundo brille a PAZ.

ENTROIDO DE 2º 2018

Este foi o noso Entroido saudable e para demostralo aquí estamos disfrazados de corredores e corredoras cargadas de vitaminas!!!!

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet