SAÍDA AO TEATRO NO CONCELLO DE VIGO

O día 8 de maio o alumnado de 2º A e 2º B fomos invitados ao Auditorio do Concello de Vigo as xornadas de Teatro Escolar para asistir como público a tres actuacións. Así, estivemos moi atentos. A primeira foi da Escola de Teatro e a segunda foi do CEIP Lope de Vega. Despois tivemos un breve descanso que aproveitamos para xogar fóra e por último entramos para asistir a actuación do colexio San Rafael. Foi unha xornada moi divertida como podedes ollar neste video.

Powered by Drupal - Design by artinet