Actividades varias

Actividades varias

VIDEO FIN DE CURSO 4º A

2 anos de esperiencias , ilusións, vivencias, exforzo , traballo ... pero sobre todo de bos momentos. 

PHOTOCOLL 4ºA

O alumnado de 4º A non quixo perder a oportunidade de xuntarse ao carón do photocoll do festival das letras galegas deste curso para sacarse unhas fotos moi divertidas. Aquí tendes unha mostra !!

 

TEATRO INTERESCOLAR

teatro 4ºA

O alumnado de 4ºA participa, por segundo ano consecutivo, na X edición de teatro interescolar organizado polo Concello de Vigo.

Este ano actuamos coa obra titulada " Restaurante dous irmáns", unha obra orixinal que contén cancións adaptadas dos musicais "Annie", " Mamma mia!" e "Grease", onde o noso alumnado canta en directo, baila e fai coreografías con cordas.

A obra trata sobre dous irmáns que, con moito esforzo, son quen de abrir o seu propio restaurante. Temas como a colaboración, a igualdade, a resolución de conflictos e que todos os problemas pódense solucionar contando coa axuda dos demais, tócanse nesta pequena obra.

Trátanse, ademais, temas como a alimentación saudable: alimentarse ben, as diferentes propiedades dos alimentos como as vitaminas e os seus beneficios para o noso corpo que fan relación co PDI do noso cole "CEIP plurilingüe Frian Teis".

 

Estas son as cancións inventadas polo alumnado relacionadas co noso PDI.

 

   

 

 



 

 

FELIZ FEROZ . O LOBIÑO RIQUIÑO, 1º E 2º , 2019

Recibimos a visita na escola de Iago López que veu a contarnos o conto de "El Hematocrito", autor de moitos e divertidos contos. Estes anos estamos a ler "Feliz Feroz. O lobiño riquiño", que hoxe contounos Iago vía colaboración dalgunh@s voluntari@s. Foi superdivertido!

 

 

RESIDUOS ORGÁNICOS

Unha nova actividade na horta: recollemos residuos orgánicos da casa e da escola para ter o noso propio compost  o curso que ven.

Powered by Drupal - Design by artinet