Actividades varias

Actividades varias

CELEBRAMOS O MAGOSTO

O alumnado de 4ºA non quixo desaproveitar a ocasión e disfrUtou moito da celebración do Magosto. Xogos moi divertidos , castañas e momentos inolvidables.

 

               

COMEZAMOS (4ºa)

Despois dun longo verán , comezamos as clases con ganas , novos proxectos como os de " activa a túa mente" e facer zentangle co cadro de Luis Davila.

SAMAÍN 4ºA

O alumnado de 4ºA celebramos así o Samaín. Divertímonos moito decorando a porta da clase, as caveiras, maquillámonos  e fixemos unha merenda terrorífica.

COLLEITA FROITOS DE OUTONO

outono

Aproveitando o bo tempo os nenos e nenas de 1º saímos a dar unha volta polo Frian ata o “observatorio da natureza” e de paso … fixemos a colleita dos  froitos de outono que atopamos no noso cole, como as noces ou as mazás. Gozamos moito buscándoas, esnaquizándoas con pedras e coméndoas!

tamén recollimos landras e follas secas coas que fixemos traballos nas nosas aulas.

Aquí tedes algunha fotos.

 

 

VISITA AO MUSEO ANFACO

O día 7 de xuño os nenos e nenas de 2º fixemos unha visita ao Museo ANFACO de la Industria de la Conservera onde aprendemos a importancia que tivo para o ser humano conservar alimentos do mar. Tamén aprendemos sobre a era da sardiña, da súa industria, da súa tecnoloxía e a fabricación das latas. Foi moi divertido pesarnos todos xuntos nunha báscula enorme. Tamén nos regalaron unhas latas de bonito que seguro pronto probaremos. Grazas!!

Powered by Drupal - Design by artinet