Investigamos

4º B presenta: "As froitas"

 

"AS FROITAS"

 

A nosa investigación  foi sobre as froitas. Investigamos os distintos tipos de árbores  e os nomes das súas froitas. Traballamos as receitas como tipo de texto. Fixemos receitas coas distintas froitas como ingredientes principais. Realizamos un estudo e clasificación das froitas según a súa estación, definindo as froitas de temporada. Recollemos toda a nosa información nun libro ilustrado por nós.

Prestade atención e lembrade que hai que comer moita froita para seguir unha dieta saudable.

 

BOA INVESTIGACIÓN 4º B !!

 

NORABOA!!

 

A clase de Vitaminas de 4 anos A presenta: "Libro de receitas"

"LIBRO DE RECEITAS"

 

A  clase das Vitaminas de 4 anos A estivemos traballando, ó longo do curso, diferentes alimentos. As familias participaron moito neste traballo cociñando connosco e compartindo cos compañeiros e compañeiras.

            

 O resultado desta investigación, é dicir, todas as receitas recollémolas nunReceitario viaxeiro que percorreu todas as nosas casas.

  Presentamos O Libro de Receitas das Vitaminas de 4 anos A:

 QUE APROVEITE!!  

 

 

Durante a nosa investigación  gustounos moito o libro “ A sopa verde “ de Ángela Madeira. Foi moi interesante, por iso decidimos usalo para facer un Lapbook cos personaxes e verduras do conto. Aprendemos alimentos varios, cores, e números… Mesmo xogamos a dramatizalo unha e outra vez cambiando de personaxe. Entón xurdiu a idea de  plasmar o noso xogo nun cómic, e así adaptamos o conto, buscamos o escenario e a actuar!

 

          Desfrutar do noso cómic “A sopa verde”:

 

   

 

                       NORABOA NENOS E NENAS DE 4 ANOS A

 

                 BO TRABALLO!!

1º A presenta: "Vida saudable"

"VIDA SAUDABLE"

 

A nosa investigación ao longo de todo o curso abarcou varios aspectos. Por unha banda investigamos sobre o que sentimos e expresamos para estar sans. Descubrimos que temos que sentirnos ben con nós e cos demais. Decatámonos que coidar o noso corpo e a nosa mente é saudable e intelixente. A nosa investigación levounos a procurar unha dieta saudable. O horto foi o noso lugar preferido para informarnos, seguimos o cultivo das nosas fabas durante todo o ano e coidamos da nespereira do cole, que é a árbore que apadriñamos no mes da ciencia.     

 

            Resumimos toda a nosa información no seguinte vídeo:

 

BOA INVESTIGACIÓN 1º A !!

 

NORABOA!!

"Vigo: unha cidade saudable" por 5º B

 "VIGO: UNHA CIDADE SOSTIBLE"

 

Cando nos plantexamos cal sería a nosa aportación ao PDI deste curso, o alumnado de 5º B pensamos de que xeito pode influír na nosa saúde o feito de vivir nunha cidade como Vigo.

 

     Despois de reflexionar e debater en gran grupo sobre a importancia do exercicio físico e unha boa alimentación para ter unha vida saudable, decidimos dividirnos en dous grupos e”investigar” sobre o sendeirismo en Vigo e arredores e os parques biosaudables que están repartidos pola cidade.

 

    O primeiro grupo centrou o seu esforzo na análise das distintas rutas de  sendeirismo de Vigo e o segundo grupo fixo un estudo dos equipos que compoñen os parques biosaudables e cales son os beneficios que aportan na mellora da nosa saúde, en especial para “os nosos maiores”.

 

    Desfrutade do noso traballo e...

 

PON UNHA RUTA  DE SENDEIRISMO NA TÚA VIDA:

 

Aproveitamos para presentar un traballo feito en Scratch sobre a nosa investigación:

 

 

 

 NORABOA 5º B POR TODA A VOSA INFORMACIÓN!!

 

1º B presenta: "Alimentos en rima"

“ OS ALIMENTOS EN RIMA “

 

        Os nenos e as nenas de 1º B investigamos os alimentos de unha forma moi divertida, xogando ás adiviñas e a través de cancións e de contos. Traballamos o que achega  cada alimento á nosa saúde e para que son bos na nosa dieta diaria.

 

 

 

 

            Un dos alimentos que nos encantou investigar foron os peixes. Coñecimos como son, os seus tipos, as súas propiedades nutricionais e como cociñalos. Estivemos  traballando as cantigas do libro cd “Té, chocolate, café “ do grupo musical Golfiños. Gustounos unha cantiga sobre un peixe moi mentireiro baseada no conto “El pez que gritaba tiburón”  de Trish Phillips editado por Combel e fixémolo entre todos.

 

           Presentamos para todos vós  o conto “O PEIXE SALMONETE”

GRAZAS RAPACES E RAPAZAS DE 1º B

 

  BO TRABALLO!!

 

Powered by Drupal - Design by artinet