Deporte escolar

VOLEIBOL XORNADA DE CONVIVENCIA EN SÁRDOMA

   O pasado venres día 27 de febreiro poidemos disfrutar dunha xornada de convivencia cos coles: Ceip Tintureira de Coruxo e o Ceip Sárdoma-Moledo. A disculpa foi o Voleibol, neste caso. A experiencia foi moi positiva e seguro que haberá máis. Levamos 7 equipos de 5º.

 

 

MOVETE+

Dentro do plan XOGADE, este ano e como novedade, comezouse a implantar uns recreos máis dinámicos co nome de "Movete+". O obxectivo fundamental, consistiu en ocupar o tempo de lecer dunha maneira máis activa e lúdica, por medio de bailes e diferentes coreografías. Os cursos participantes foron 4º, 5º e 6º. 

 

Clickando na foto tendes unha chea de vídeos e fotos.

 

 


XOGOS TRADICIONAIS

Dentro do programa XOGADE, a primeira semana de maio, tivemos o baúl dos xogos tradicionais. Así xogaban os nosos avós:

 


EXHIBICIÓN DE CAPOEIRA

O pasado venres día 16 de marzo, tivemos no centro, unha exhibición de Capoeira. Esta actividade, mestura de danza e arte marcial tivo os seus orixes no Brasil. O grupo encargado da actividade, foi o equipo técnico que o imparte no ximnasio "máis que auga" no complexo sito na rúa Ramón Nieto. 

 

Deixamos tres vídeos do acontecemento:

 


 


O EQUIPO AMFIV DE VIGO NO COLE

Onte día 25 de maio estiveron no colexio o equipo de baloncesto en cadeira de rodas AMFIV. Un grupo de xogadores e o seu adestrador Antonio, explicáronnos os fundamentos deste deporte. A sesión foi bastante práctica con nenos e nenas intentando encestar subidos nunha cadeira de rodas. 

 

 

Eiquí tedes as fotos.

Powered by Drupal - Design by artinet