Deporte escolar

SESIÓNS DE RUGBY

    O pasado día 15 de marzo tivemos dúas sesións prácticas do apaixoante deporte do Rugby. Veu Diego, un adestrador da federación galega de Rugby. Lembrade que todos e todas aquelas que esteades interesados/das en comezar co rugby podedes dirixirvos ás instalacións da ETEA e probar. Ánimo!!!

 

 

 

 

Fomos nova na Prensa

O domingo 13 de novembro de 2016, máis de 200 persoas participaron na segunda edición do cross escolar, realizada no noso Centro.

O Atlántico Diario, o martes 13 de novembro, recolle así a xornada.

Noraboa a todos e todas os/as participantes.

Se ledes o artigo podedes ver que os nosos pitufos e benxamíns prometen.

2015/16 XOGADE 5º Xornada de atletismo

   Onte, 18 de abril, participamos nunha xornada de atletismo nas instalación deportivas da UVIGO. Obtivemos moi boas posicións, lástima que as lesións mermaran a nosa clasificación por equipos. Frian II quedou 2º e Frian I 4º. 

 

   Aquí tendes fotos e vídeos da xornada.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O COLE EN RADIO MARCA

     O pasado día 1 de marzo, unha representación do colexio (Manolo, Jose e Antón) estivo no programa "Intermedio" de Radio Marca-Vigo. Comentamos as diferentes actividades que realiza o centro, relacionadas coa actividade física o deporte e a vida saudable en xeral. Se queres escoitar as nosas intervencións clica a partires do minuto 18:30.

 

 

 

 

 

 

II OLIMPIADAS DE TEIS

     

 

 

      O día 16 de maio, e cun tempo veraniego, celebráronse as II Olimpiadas de Teis. Nelas, un moi numeroso grupo dos nosos alumnos e alumnas participaron. Por outra banda, e igual que na edición pasada, os profes do centro deseñaron e organizaron as probas de atletismo.  

 

Aquí tendes o circuito deste ano.

 

 

    As seguintes son algunhas das imaxes dos mesmos.

 

 

  Como o ano pasado, tivemos representación en acrosport. Nesta ocasión inauguramos as Olimpiadas.

 

 

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet