Orballando novas

Orballando novas

Xa temos aquí a terceira edición de "Orballando novas".

Nesta ocasión o encargado de presentar o informativo é o alumnado de 6ºB. Moi profesionalmente, despois de ler a prensa, en papel e dixital,  cóntannos a ola de frío que estamos a padecer. O peor de todo e que seguemos coa seca; a choiva resistese unha semana máis.

Abrigádevos, collede guantes e bufanda, para saír á rúa!

 

Bo traballo!

Orballando novas

A 2ª edición do informativo do tempo, "Orballando novas", achéganos motivo de alegría, "A choiva está aquí".

Un grupo de alumnos/as de 6º prepararon a predición meteorolóxica para a vindeira  fin de semana; despois de terse informado na prensa diaria, tanto en formato papel como dixital, realizaron o guión do programa informativo e rodaron o mesmo. Escoita atentamente, aconsellan que teñas á man as botas e o paraugas.

A gravación do informativo no exterior, da boa conta do vento que xa estamos a padecer.

 

Ben feito rapaces e rapazas!

"Orballando novas"

 

Informativo do tempo: "Orballando novas"

Arrincamos un novo proxecto interdisciplinar que realizaremos nos niveis de 5º e 6º, un informativo semanal do tempo que decidimos bautizar co nome: "Orballando novas". Eliximos ese nome neste momento de seca histórica, para deste xeito, invitar á chuvia, a vir e quedarse uns días connosco.

Cada mércores, facendo coincidir co programa de "Prensa Escola" da Voz de Galicia, estudaremos en profundidade o tempo meteorolóxico pronosticado para a fin de semana. Deste xeito pensando no P.D.I. deste curso "Vivindo san no cole Frian" queremos axudar á Comunidade Educativa a que organicen a súa fin de semana saudablemente dependendo do tempo: un paseíño en bici, unha ruta polo monte, un baño na praia ou actividades a cuberto se o tempo non acompaña.

Con este traballo semanal aproveitaremos para colaborar co Proxecto MeteoEscolas que estreamos este curso; deste xeito uniremos distintos programas, plans, proxectos e departamentos que funcionan no noso colexio.

O traballo será de lectura das novas do tempo na prensa diaria, de búsqueda de información en meteogalicia.gal, de preparación de guións dos distintos programas, de traballo de fotografía para os distintos escenarios, de produción e realización do mesmo, etc. Para realizar todo este traballo contaremos co soporte técnico dos nosos ipads con distintas aplicacións e o noso interese. Empregaremos música e imaxes propias ou de dominio público.

Prestade moita atención e ata a vindeira semana!

Este programa podédelo seguir no Espazo Proxecta, na columna dereita desta páxina ou premendo no enlace.

Powered by Drupal - Design by artinet