Orballando novas

Edición especial "Orballando novas"

Esta edición do informativo do tempo "Orballando novas" está adicado ao pronóstico do tempo para ao período vacacional da "Semana Santa" en distinto lugares turísticos.

Unha das particularidades desta edición é que está feito en Lingua Inglesa. Descubrimos lugares turísticos en España e en países europeos, moi turísticos; estudamos o seu tempo e  preparamos as nosas intervencións en Inglés.

Prestade moita atención ó noso programa:  "Weather forecast on Easter Holidays" 

Bo traballo!

13ª edición de "Orballando novas"

Aínda que cuns días de retraso sae a 13ª edición do noso informativo do tempo "Orballando novas"; unha sucesión de problemas técnicos fixeron imposible a súa emisión a semana pasada.

Nesta edición centrámonos do paso da borrasca "Giselle" pola nosa comunidade. Un grupo de alumnas de 5ºA contáronnos en profundidade o paso da mesma durante a semana pasada. É bo recordar e poder apreciar que cumpríronse os pronósticos das nosas informadoras.

Prestade moita atención:

 

 

Bo traballo!

12ª edición de "Orballando novas"

Un grupo de alumnos/as de 5º A son os encargados de realizar a 12ª edición do informativo do tempo "Orballando novas".

Despois do temporal "Emma" esta semana temos o temporal "Félix", que virá cargado de choivas e vento; por iste motivo o "Festival solidario" que se iba celebrar no patio do noso colexio, pasará a realizarse no IFEVI, no mesmo horario a partires das 11h.

Esta claro, "nunca chove a gusto de todos/as"

 

Animádevos a participar no "Festival Solidario", no IFEVI, estaremos ben abrigadiños!

11ª edición do informativo "Orballando novas"

Nesta edición do informativo "Orballando novas" un grupo de alumnos/as de 6ºA, achégannos ao tempo do inicio do mes de marzo, que tanta auga está a deixar. Frío polar no Cebreiro, neve na cidade da Coruña, ventos fortísimos en Oia...así é o inverno.

Prestade moita atención.

Bo traballo rapaces e rapazas!

9ª edición "Orballando novas"

A derradeira semana de xaneiro, dixounos moitas novas de interese para o noso informativo "Orballando novas". O alumnado de 5ºB soubo delas e fixo un boísimo traballo recabando información sobre distintos curisosidades que aconteceron o longo desta semana.

Prestade moita atención!

Powered by Drupal - Design by artinet