Orballando novas

Xa cantou o cuco?

Ola seguidores de "Orballando Novas", xa está aquí a 15ª edición do informativo do tempo "Orballando novas" realizado nesta ocasión por un grupo de alumnos/as de 6ºB. Esta edición semanal dános datos moi interesantes da entrada da primavera e informacións interesantes sobre o tempo pasado e o que está por vir.

Adiantarvos que o cucu tardou 12 días en cantar.

Prestade moita atención:

 

A actualidade do tempo en "Orballando Novas"

Un grupo de alumnos/as de 6ºA foi o encargado esta semana da realización da 14ª edición de "Orballando Novas", o noso informativo do tempo.

O máis salientable desta edición é o remate da "seca do terror". Por fin puidemos gravar en exteriores sen empregar o paraugas, ainda que o vento non nos deu tregua. Prestade moita atención.

Edición especial "Orballando novas"

Esta edición do informativo do tempo "Orballando novas" está adicado ao pronóstico do tempo para ao período vacacional da "Semana Santa" en distinto lugares turísticos.

Unha das particularidades desta edición é que está feito en Lingua Inglesa. Descubrimos lugares turísticos en España e en países europeos, moi turísticos; estudamos o seu tempo e  preparamos as nosas intervencións en Inglés.

Prestade moita atención ó noso programa:  "Weather forecast on Easter Holidays" 

Bo traballo!

13ª edición de "Orballando novas"

Aínda que cuns días de retraso sae a 13ª edición do noso informativo do tempo "Orballando novas"; unha sucesión de problemas técnicos fixeron imposible a súa emisión a semana pasada.

Nesta edición centrámonos do paso da borrasca "Giselle" pola nosa comunidade. Un grupo de alumnas de 5ºA contáronnos en profundidade o paso da mesma durante a semana pasada. É bo recordar e poder apreciar que cumpríronse os pronósticos das nosas informadoras.

Prestade moita atención:

 

 

Bo traballo!

12ª edición de "Orballando novas"

Un grupo de alumnos/as de 5º A son os encargados de realizar a 12ª edición do informativo do tempo "Orballando novas".

Despois do temporal "Emma" esta semana temos o temporal "Félix", que virá cargado de choivas e vento; por iste motivo o "Festival solidario" que se iba celebrar no patio do noso colexio, pasará a realizarse no IFEVI, no mesmo horario a partires das 11h.

Esta claro, "nunca chove a gusto de todos/as"

 

Animádevos a participar no "Festival Solidario", no IFEVI, estaremos ben abrigadiños!

Powered by Drupal - Design by artinet