Orballando novas

4º programa: "Orballando novas" (II Edición)

O alumnado de 5ºA preséntannos este 4º programa. Prestade moita atención viaxan a Cabo Touriñán para explicarnos a que hora é o solpor. Prestade moita atención e tede a man os vosos paraugas para esta fin de semana.

 

 

Bo traballo!

3º programa II edición “Orballando novas”

O alumnado de 6ºB presenta un “Orballando novas” con moitas ideas para desfrutar do ambiente navideño en diferentes cidades españolas e europeas. Prestade moita  atención a este progrma que nos fará viaxar virtualmente por lugares con moito encanto. 

 

Bo traballo!

2º programa "Orballando Novas"

O alumando de 6º A da o pronóstico do tempo para rematar o mes de Novembro. Nesta ocasión nos explican o porque dos nomes das borrascas profundas, prestando moita atención á chamada "Diana".

Prestade moita atención:

II Edición do informativo "Orballando novas"

Arrincamos a... II Edición do informativo do tempo "Orballando novas".

Despois do éxito acadado o curso pasado, sae á luz o primeiro programa da II edición deste coñecido informativo do tempo. Este ano empezamos o curso sabendo a boa nova de que xa somos un cole "Plurilingue", e que mellor maneira de celebralo que facendo o primeiro informativo desta segunda edición en English.

Desfrutade deste programa e tomade cada semana, boa nota do tempo que teremos, para así organizar as vosas actividades: excursións, saídas, paseos..

Neste programa, en concreto, pronosticaremos o tempo en distintos puntos da xeografía galega para axudarvos a organizar os vosos magostos.

Esperamos sexa do voso agrado e de moita utilidade.

Felices Magostos!

"Orballando Novas" desde as Illas Cíes

O alumnado de 5º e 6º, acompañado do seu profesorado, o venres 1 de xuño  foi visitar as Illas Cíes, un bo xeito de empezar este mes.

Visitamos as Cíes despois de traballar o proxecto "Cíes, Patrimonio da Humanidade". Fixemos esta viaxe moi documentados; un dos obxectivos foi comprobar o tempo das illas e comparalo co da cidade de Vigo.

O longo do todo o día fomos comprobando os datos máis significativos do tempo atmosférico: nubes, vento, temperatura...

Prestade moita atención a toda a información recollida na seguinte edición especial de "Orballando Novas"

 

Powered by Drupal - Design by artinet