II Edición do informativo "Orballando novas"

Arrincamos a... II Edición do informativo do tempo "Orballando novas".

Despois do éxito acadado o curso pasado, sae á luz o primeiro programa da II edición deste coñecido informativo do tempo. Este ano empezamos o curso sabendo a boa nova de que xa somos un cole "Plurilingue", e que mellor maneira de celebralo que facendo o primeiro informativo desta segunda edición en English.

Desfrutade deste programa e tomade cada semana, boa nota do tempo que teremos, para así organizar as vosas actividades: excursións, saídas, paseos..

Neste programa, en concreto, pronosticaremos o tempo en distintos puntos da xeografía galega para axudarvos a organizar os vosos magostos.

Esperamos sexa do voso agrado e de moita utilidade.

Felices Magostos!

Powered by Drupal - Design by artinet