Orballando novas

"Orballando novas" 8ª edición

Nesta ocasión o alumando de 5ºA de primaria realiza o informativo do tempo "Orballando novas" atendendo as novas meteorolóxicas de distintos puntos do Planeta. Inclúe tamén unha experiencia de cambio de estado da auga por mor do frío.

Grazas rapaces e rapazas!

Bo traballo!

Edición especial "Orballando novas"

A continuación presentamos a 7ª edición de "Orballando novas" o informativo do tempo que puntualmente, cada semana, estamos a publicar.

Nesta ocasión o alumnado de 6º B realiza un especial informativo sobre a nosa nova "Estación meteorlóxica", instalada recentemente no patio superior do colexio. Con este novo equipamento, froito da participación no programa Meteoescolas, seremos nos mesmos os que tomemos os datos máis representativos da meteoroloxía local que a continuación rexistraremos minuciosamente para o posterior tratamento.

Así que aquí vos deixamos con este monográfico sobre a nosa flamante "Estación meteorolóxica"

 

6ª edición "Orballando novas"

Xa está aquí a 6ª edición do informativo meteorolóxico do cole Frian.

Empezamos un novo ano, e o inverno,  está a despregar as súas características máis notables.

Os alumnos e alumnas de 6ºA, como cada mércores, repasaron as novas máis importantes do xornal e da prensa dixital. Elaboraron o guión do programa e fixeron unha breve predición para o fin de semana . Os termómetros non deixan de baixar e provocaron imaxes tan espectaculares como as que van a presentar.

Prestade moita atención ao primer “Orballando novas” do 2018.

 

Bo traballo rapaces e rapazas!

Nova edición de "Orballando novas"

Para rematar o trimestre publicamos a 5ª Edición do informativo do tempo "Orballando novas".

Nesta ocasión un grupo de alumnos/as de 5º B viaxan como corresponsais a lugares de interese nestas datas; seguíndolle o rastro a Papa Nöel, os Reis Magos e o Apalpador.

Prestade moita atención ao avance do tempo meteorolóxico para este Nadal.

 

Dende "Orballando Novas"...Felices festas a todos e todas!

"Orballando novas" 4ª edición

A cuarta edición do informativo semanal do tempo "Orballando novas", foi realizado polo alumnado de 5º de primaria.

No seu debut neste informativo, o alumnado de 5º tivo a sorte de dar unha nova moi esperada por todos, "A choiva", da man do temporal "Ana".

Prestade moita atención, traballaron moi duramente para realizar este traballo.

 

Noraboa rapaces e rapazas!

Powered by Drupal - Design by artinet