"Surfeando novas" por 5º B

Esta semana no noso informativo do tempo Orballando novas, o alumnado de 5º B "Surfea novas".

Se Vigo xa ten "sona mundial" debido ao seu alumeado de Nadal, en breve, outra localidade galega pode acadar ese nivel.

A localidade non é outra que Illa Pancha, situada no Concello de Ribadeo e a súa sona será debida a un deporte que está de moda, o surf.

Segundo as prediccións meteorolóxicas para os vindeiros días, pode chegar unha tormenta cunhas características especiais que provoquen que os mellores e as mellores surfistas do planeta compitan nun Campionato Mundial de Surf de olas xigantes, para deslizarse pola ola xigante "Panchorro"...

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet