Deportes, Música, PAG`s, Chegou aos nosos oídos

Iago Codesido na Opinión

"Estou moi contento de ter reportado á educación pública un dos vinte premios"

"No Francisco Aguiar hai profesores moi bos, se implican moitísimo"-

"Unha persoa que verdaderamente me influiu foi un mestre de Viós, o primeiro que me suspendeu"

Antares Pérez Betanzos 30.10.2016 | 09:13

 

Obtivo un dos vinte premios extraordinarios de Bacharelato de Galicia. Un galardón que Iago Codesido recibiu con sorpresa e, sobre todo, contento de reportar esta distinción á educación pública. Este veciño de San Tirso de Mabegondo, que cursou Bacharelato no Francisco Aguiar, comeza a carreira de Xornalismo coa esperanza de que as novas xeracións aporten unha "nova visión" e revirtan a "censura e a manipulación desmedida" que percibe especialmente no eido das televisións nacionais.

-Sorprendido de ser uns dos vinte premios extraordinarios de Bacharelato de Galicia?

-Si, moi sorprendido, non agardaba en absoluto o premio. Aínda a cuantía económica é importante, estou máis contento por ter reportado unos dos vinte premios a educación pública fronte a privada.

 

-E cales son os trucos?

-Pois viña falando diso de camiño coa miña nai e chegamos á conclusión de que un deles foi darlle importancia ao hábito da lectura. Un dos temas propostos para facer o comentario falaba de distintos tipos de lectores e facía mención a un libro de Juan Rulfo que lera a semana anterior, Pedro Páramo. Foi unha sorte.

-Entendo que é importante ter inquedanzas e motivacións máis aló das aulas...

-Si, penso que iso me axudou. As cousas vistas no instituto me aportaron a base, pero alí pedían algo máis, non cousas extracurriculares pero si unha reflexión, unha bagaxe cultural algo máis precisa.

-A que dedicará o premio?

-Previsiblemente ao aforro. Tal e como está a situación non sei se terei traballo nada máis rematar a carreira e pode que teña que financiar un mestrado... Penso que vai ser un apoio importante.

-Estudou Bacharelato no Francisco Aguiar, un instituto que encadea premios e galardóns. Que ten este centro para facer esa canteira?

-Hai profesores moi bos, que se implican moitísimo, que non están alí polo salario. Eu gardo varios na lembranza. Como o de Historia, que se implicaba moitísimo, ou a profesora de Filosofía e o de Economía. Eran brillantes, influíronme moito no hábito da lectura.

-Cursou tamén esfudos no colexio Vales Villamarín?

-Non, estudei no de Viós, en Abegondo. Foi xenial. Pasei alí os mellores anos. Dese centro quédame a persoa que verdadeiramente me influiu para todo esto, o meu profesor de Plástica, Francisco. Foi o primeiro profesor que me suspendeu. Fíxome comprender que me tiña que facer valer, que tiña que traballar.

-O fogar tamén inflúe, non?

-Si, evidentemete. Miña nai é docente e iso nótase. Non só polo tempo dedicado a axudarme, senón tamén pola información da que me proveeu para continuar os meus estudos. Neso creo que estiven moi favorecido e débollelo a eles e á súa implicación.

-Son tempos convulsos a nivel educativo. Que diagnose fai do sistema actual?

-Vexo o sistema en constante detrimento a favor dunha educación privada, que vai gañando paso. É como unha forma de volver establecer un clasismo, que só estuden os fillos dos ricos, por eso vexo importante que fose un dos premios extraordinarios para a pública, que se note dalgunha forma que segue sendo a opción a escoller.

-Como estudante sentiu esa aposta pola privada?

-Si, no meu instituto de Viós vin profesores que estaban desempeñando asignaturas que non eran as súas mentres eu tiña constancia que na educación privada tiñan unas condicións bastante máis favorables, clases máis pequenas, menos ratios de alumnos por profesor?

-E como universitario, percibe problemas no acceso por motivos económicos ?

-Si, non tanto polas taxas universitarias, senón polo caro que resulta vivir como estudante, sorprendentemete caro. E non sei se as becas están adecuadamente repartidas, pero dubídoo bastante, porque coñezo a xente que tivo dificultades para estudar en determinadas cidades, que tivo que cambiar as suas expectativas e ter que estudar na Coruña por non poder estudar en Santiago, por exemplo.

Avda. A Coruña: Concentración de talento.

 Grandes cerebros en las dos aceras

 

 

 

 

Estudiantes de los dos institutos de Betanzos han sido reconocidos este año entre los mejores de Galicia

 

 

TONI SILVA BETANZOS / LA VOZ 30/10/2016 08:32(ENLACE)

 

Se llama Avenida da Coruña y está en Betanzos. Acoge un concesionario con taller, una ruina que fue sede sindical y otra a la que llaman Fábrica de la Luz. No es una avenida vistosa aunque uno de sus extremos pasa sobre el río Mendo. Cuando pega el sol cuesta refugiarse. Y lo mismo ocurre con la lluvia. Uno de los principales nexos de unión de esta vía con el resto del mundo son las marquesinas de autobús. Porque aquí paran cientos de jóvenes estudiantes, muchos de los cuales proceden de los municipios limítrofes. Sí, es una calle de dudosa estética. Pero, en cambio, encierra mucho, muchísimo talento.

 

Aquí se han forjado y se forjan algunos de los estudiantes más brillantes de Galicia, promesas del intelecto que convierten esa avenida en un pequeño Silicon Valley con sendos centros en cada acera. A un lado, el Francisco Aguiar; en frente, el instituto As Mariñas. En el primero acaban de hinchar el pecho de orgullo gracias a Iago Codesido, uno de los 20 premios extraordinarios de bachillerato. Y en As Mariñas este verano ya se ha hecho popular Alfredo Crespo, la mejor nota de la selectividad del año en Galicia. El primero es de Abegondo, el segundo de Oza-Cesuras. Y ambos ya están instalados en Santiago con sus respectivos estudios universitarios.

La Voz se cita con ellos en una de las marquesinas para reflexionar en alto sobre la concentración de tanto talento en una misma calle. «Máis aló dos bos alumnos, que sempre os hai, a chave está nalgúns profesores que, no meu caso, me imprimiron a curiosidade permanente», explica Iago, ahora estudiante de Xornalismo en Santiago, y con esperanzas e entrar «no mundo da radio».

Recoge la palabra Alfredo: «Aquí en Betanzos temos un instituto, o Francisco Aguiar, que sempre consegue grandes notas na selectividade, pero tamén está o meu, o das Mariñas, que tiña peor fama, pero que agora en cambio está acollendo incluso xente de municipios alleos á comarca, como Carral. Por algo será». Sí, por algo será que su media de bachillerato es de 10 o la de Iago una igual de meritoria 8,9. Alfredo ha iniciado un doble grado de Matemáticas y Física y ahora, instalado en su «pensión residencial» de Santiago, es cuando le encuentra sentido a aquellas palabras de Olga, su profesora de Tecnoloxía Industrial: «A vida do estudante é moi bonita, pero a vida do bo estudante é moi dura».

 

La universidad tiene sus cosas buenas («as clases son máis relaxadas», dice Iago), pero también sus cosas menos buenas («cos profesores do instituto tiña un trato máis familiar»).

Juntos recuerdan los recreos, los lugares por los que frecuentaban en los minutos de ocio, las rápidas excursiones a la plaza en los días de feria para buscar churros. Coinciden en todo, salvo en un pequeño detalle:

 

-Nas Mariñas tiñamos a mellor tortilla da zona. 

-Pois eu vin xente do teu instituto indo ao Francisco Aguiar mercar bocadillos de tortilla.

 

QUE HAI TRAS TODO ISTO DE IAGO CODESIDO?

Apenas acababamos de recibir a un ilustre ex alumno, Vicerreitor na Universidade de Heidelberg, cando nos chega a noticia.

            • O inspector interesase por tan notable feito.
            • Varios periódicos diríxense a nós coa intención de contactar co noso alumno de 2º BAC do ano pasado,  Iago Codesido.
            • Recibimos a noticia de que conseguira un dos vinte premios extraordinarios de Bacharelato que a Consellería de Educación concede a alumnos que remataron no ano anterior os estudos dista etapa educativa.
            • A prensa, as redes sociais fanse eco da noticia.

 

     Mais...que hai tras todo ista "tolemia" informativa? Pois cremos que, no fondo algo ben sinxelo e á vez, ben complexo.

     Detrás de todo isto hai, sobre todo, unha persoa á que coñecimos como un traballador esixente consigo mesmo e afanoso por coñecer cada día máis e máis fondamente.  Agora ben, esta persoa é tamén froito dunha familia e dunha escola pública que foi acompañante e cómplice no medrar das súas capacidades .  

     Detrás de Iago están os mestres do CEIP plurilingue San Marcos en Abegondo, mestres que lle ensinaron as primeiras letras e primeiras contas, os que puxeron o xérmolo dun afàn constante por saber.

 

     Máis adiante foi o equipo de profesores e os compañeiros que compartiron con Iago o Ensino Secundario Obrigatorio. A comunidade, case familia, do IES de Vións acompañou a andaina por esa idade crucial que é a adolescencia.

 

     Como remate, a etapa do Bacharelato, pola que foi galardonado.  Tivemos a honra de que fose o noso instituto, o IES  Francisco Aguiar,   o centro no que cursou brilante e discretamente os estudos do último ciclo de secundaria. (Tamén os que tivemos que enfrontarmos á súa letra hiper_mega_diminutaGuiño)

 

Por tanto, se alguén pola rúa lle pregunta "o que hai detrás de todo isto de Iago Codesido",

pense vostede en persoas:

primeiro, e sobre todo, nel mesmo,

na súa familia,

nos seus compañeiros

e profesores das distintas etapas educativas

e nun conxunto de institucións...

que forman parte do noso ensino público e que non deberiamos deixar deteriorar ou perder. 

 

PARABÉNS PARA IAGO!

UNHA HONRA QUE COMPARTESES ANDAINAS CONNOSCO!

Óscar Loureda na Voz


Imagen:CÉsar Delgado

«Somos un país de mil anos onde investir en educación é algo novo»

Aproveitou a viaxe aos Premios Princesa de Asturias para achegarse ao seu vello instituto de Betanzos

 
Toni Silva
Betanzos / La Voz 25/10/2016 12:06

Hai 25 anos deixou o seu instituto, o Francisco Aguiar de Betanzos, ao que onte volveu para animar a un grupo de rapaces ante as incógnitas universitarias e laborais que teñen por diante. Óscar Loureda (Abegondo, 1974) ocupa o posto de vicerreitor de Calidade na universidade xermana de Heidelberg e acaba de estar en Oviedo con motivo dos premios Princesa de Asturias, nos que forma parte do xurado que lle outorgou o galardón de Ciencias Sociais á historiadora Mary Beard.

-Algo terá que ver un vicerreitor de Calidade para que a Universidade de Heidelberg se sitúe no posto 47 do mundo. ¿É vostede o culpable?

-Son só corresponsable, non o único. A de Heidelberg é a universidade máis vella de Alemaña e o seu principal patrimonio son os profesores e os alumnos, o palleiro non se fai sen palla. O que intentamos é que a nosa investigación chegue a máis xente.

-En Alemaña ten un peso especial a figura do profesor.

-Certo, alí o profesor é a célula sobre a que pivota o resto. Ao redor do catedrático se crea un equipo. Mentres, en España esa célula é o departamento, un colectivo que ten un peso máis ben organizativo. En Alemaña dáselle máis peso ao individuo.

-Pero no mesmo listado internacional hai que ir ao posto 175 para ver a primeira universidade española, a de Barcelona.

-En España a xente non é menos que noutros países, pero hai que ver de onde vimos. Somos un país de mil anos pero no que estruturalmente a inversión en educación é relativamente nova, así que somos un país en construción dende o punto de vista do cativo. A educación debería saír do debate de partidos e entrar no debate político.

-Pois xa levamos décadas...

-Hai cousas que requiren consensos amplos entre os partidos políticos, pero tamén coa implicación da sociedade civil, co vínculo das empresas na universidade... Por dar un dato, no 2013 as universidades de Alemaña xeraron o 18 % da produción en investigación de todo o país, ao redor de 18.000 millóns de euros. Iso é riqueza.

-Ao fío da polémica cancelación da conferencia de Felipe González na Universidade Autónoma, ¿considera que debería ter loitado a institución por que esa conferencia se levara a cabo?

-Ao longo da historia, sempre houbo conflitos sociais que se trasladaron á universidade pero esta nunca se debe transformar nun espazo de intolerancia, ten que ter mecanismos propios para se converter nun foro de liberdade. Que a alguén se lle prohiba a palabra é un acto profundamente antidemocrático dentro da universidade.

-¿O de Mary Beard é un premio á divulgación, ao feito de que o coñecemento non é realmente tal se non se transmite?

-Foi un premio ao esforzo individual e exemplar dunha científica que fixo todo o posible por chegar a máis xente nun ámbito no que non é fácil, ela o fixo de maneira exemplar. O coñecemento non basta con crealo, senón que hai que comunicalo, a esa xente hai que premiala. O mérito dela non é saber máis do mundo romano que outros, porque igual hai outros que saben máis, senón saber comunicalo. Tamén ten un talento sen parangón ao aproximar o mundo clásico ao actual.

Chegou aos nosos oidos....fin de semana musical cos ex do aguiar: Sickeeper e Luga

Chegou aos nosos oidos.... a actividade dalgúns dos nosos ex alumnos que andan metidos en aventuras musicais

O venres 21 o grupo de rock "Sickeeper" no que andan enleados Lucas Blanco e Martín Salamini regresan aos escearios brigantinos cunha sesión no café Lanzós a partir das 22.30 

 

Ao día seguinte Luciano Fernandez, Luga presentase en Tío Ovidio de A Coruña  a partir das 21,30.

Chegou aos nosos oídos...Sara Edreira no Campeonato de España de salto (hípica)

Chegou aos nosos oídos.... que Sara Edreira, alumna de 3º da ESO do Aguiar está a participará próximamente en Madrid  no Campeonato de España de Hípica.

Compite na modalidade de salto na categoría infantil. 

Vaia aquí unha actuación súa montando a Arkeness

Non podemos menos que desexarlle boa sorte á nosa amazona!

BOLSAS DA CAFETERÍA DO IES PARA AXUDA DE VIAXES

 

A Cafetería do IES Francisco Aguiar  colabora este curso  co alumnado que realiza viaxes ao extranxeiro coa dotación dunha bolsa de 100 euros para axudar nos gastos de ditas viaxes.

  • A bolsa concederase ao alumno/a  coas mellores cualificacións na avaliación anterior á viaxe. En caso de empate dividirase a bolsa entre os alumnos empatados.

  • A contía da bolsa entregarase ao instituto para que sexa aplicada aos gastos de viaxe do/os alumnos que a consigan.

Nestes primeiros días de curso xa levamos realizadas tres distas viaxes. Por tal motivo o pasado mércores 5 de outubro,  recibiron a axuda, da man de Melania, responsable da cafetería,  os alumnos: Irene Docampo, Irene García, Alberto Gómez e Xabier Gómez

Chegou aos nosos oídos... Fragas do Mandeo a e custodia do territorio

Chegou aos nosos oídos...unha nova iniciativa de Fragas do Mandeo que impulsa, e  na que participa activamente o noso compañeiro o profesor Juan M. Neira. Trátase da V Semana de Custodia do Territorio. 

 

" Chegou a quinta edición da Semana de Custodia do Territorio nas Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo. Todo está programado e listo para que empece o sábado día 17.

O programa deste ano está centrado na recuperación de espazos naturais, unha tarefa na que hai que combinar un coñecemento detallado das zonas a intervir co dominio das técnicas actualmente dispoñibles. Por este motivo, a xornada de charlas desta edición estará dedicada especificamente a esta cuestión, dividíndose en dúas partes. Na primeira tratarase o caso dos bosques que, baixo un aspecto naturalizado, poden estar moi condicionados polo seu pasado. Na segunda a atención recaerá nas posibilidades de recuperación de espazos degradados, aproveitando para poñer como exemplo un caso próximo: os avances na creación da reserva de anfibios do Catorce. 


De xeito similar a edicións anteriores, as xornadas de voluntariado ambiental estarán centradas en dous tipos de actuacións: a erradicación de especies exóticas invasoras e a retirada de plásticos na costa e nos ríos da bisbarra. As invasoras están consideradas a segunda causa en importancia de perda de biodiversidade a nivel planetario segundo a UICN. Pola súa banda, a plastificación do mar causa a morte cada ano dun millón de aves mariñas e de cen mil tartarugas e mamíferos mariños. Aínda que as actividades programadas son accións modestas fronte á gravidade destes problemas, actuando localmente poñeremos a parte que nos toca para solucionar estes dous graves problemas globais.

A Semana volve a estar organizada conxuntamente entre a Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos e Fragas do Mandeo. O financiamento corre totalmente a cargo da primeira, pois nós destinamos o 100 % das doazóns que recibimos a mercar montes de interese ambiental e, xa que logo, non dispoñemos de medios económicos propios para actos deste tipo. 

Por favor, descarga o programa, o cartel da Semana e o cartel da eco-regata para compartilos no teu entorno persoal e redes sociais: así facilitarás que cheguen a tódolos interesados en participar.

Para apuntarte nas actividades, ponte en contacto coa organización no teléfono 981 669 541 ou envía un correo electrónico a info@marinasbetanzos.org. Deste xeito terás un seguro de accidentes e recibirás indicacións detalladas por adiantado.

Imaxe do cartel da III Eco-regata Ría de Betanzos

Eco-regata na ría de Betanzos: Os refugallos que recollémo-lo ano pasado na marisma encheron dous contedores industriais, sumando un volume total de 16 m3. ¿Repetiremos nesta edición ese récord? Para intentalo animamos a tódolos cidadáns a participar nesta competición lúdica na que a rivalidade será por coida-la ría. As embarcacións, apoiadas en terra polos seus equipos, afanaranse por ver cal é a que máis lixo recolle e a que atopa o refugallo máis singular. A saída e a meta estarán no porto de Betanzos, onde haberá comida, bebida, música e actividades infantís. Colaboran Amigos dos Ríos de Betanzos, Asociación Ría do Pedrido, Lar de UntaRoxín Roxal e Casa Castillo Betanzos. Tamén colaboran o Concello de Betanzos, Protección Civil, restaurante Casa Vidal e comercial Vicente de la Fuente. Ponte en contacto connosco se queres participar, aínda que non teñas lancha. Máis datos na folla informativa.
Data: Sábado 17 de setembro, de 16:00 a 20:30 horas. 
Lugar: Porto de Betanzos.

Voluntariado en Ponte do Porco: A segunda xornada de voluntariado ambiental estará centrada na eliminación da flora exótica invasora que ameaza a biodiversidade da praia da Alameda. Como sempre, retiraremos de paso todo o lixo que poidamos. Nos últimos cinco anos arrincámo-la uña de gato (Carpobrotus edulis), os plumachos (Cortaderia selloana), a santalina de auga (Cotula coronopifolia) e o eixerón (Conyza canadensis). Aparte de revisar se algunha delas apareceu de novo, este ano atacaremos tamén outras invasoras: a crocosmia (Crocosmia x crocosmiiflora), o Aster squamatus e o Cyperus eragrostis. Igual que nas ocasións anteriores, contamos coa colaboración do Concello de Miño. Por favor, ponte en contacto connosco previamente no caso de quereres participar. Máis datos na folla informativa.
Data: Domingo 18 de setembro, de 9:30 a 14:00 horas. 
Lugar: Praia da Alameda (Ponte do Porco, Miño).

Xornada sobre a recuperación de espazos naturais: Como acto central da Semana programouse un conxunto de charlas titulado Recuperando espazos naturais mediante a custodia do territorio. Trala apertura a cargo do alcalde de Betanzos, D. Ramón García, e do presidente da Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos, D. José Antonio Santiso, faremos un breve resumo dos logros acadados por Fragas do Mandeo tras seis anos de andadura, nos que estivemos a traballar intensamente na restauración dos nosos bosques autóctonos.

 


O primeiro bloque de conferencias versará sobre as fragas e os bosques de ribeira. A primeira delas correrá a cargo do Dr. José Guitián, investigador e profesor titular da Universidade de Santiago de Compostela, que nos explicará as relacións de mutua dependencia entre o arborado autóctono e as aves fruxívoras.

A continuación intervirán o Dr. Javier Amigo e o Dr. Manuel Antonio Rodríguez Guitián, ámbolos dous tamén investigadores e profesores da mesma universidade. Coñecedores da flora local (acaban de publicar unha guía da vexetación da bacía do río Mandeo), exporán cal é a composición dos nosos bosques e canto se afastaría do que sería totalmente natural.

O segundo bloque de charlas comezará trala pausa de media mañá. O Dr. Serafín González, investigador do CSIC e presidente da SGHN, informaranos de distintos casos de restauración de hábitats degradados, tanto naturais coma resultado de actividades industriais.

Por último, D. Juan Neira, secretario do padroado de Fragas do Mandeo, exporá un exemplo moi próximo de recuperación dun espazo degradado: a creación da reserva de anfibios do Catorce, que acometemos hai tan só dous meses.


Data: Sábado 24 de setembro, de 9:30 a 14:00 horas.
Lugar: Salón azul do Liceo de Betanzos.

Limpeza simultánea de ríos: Por cuarta vez imos achegarnos ó río Mendo para participar na novena edición da limpeza simultánea de ríos de toda Galicia que coordina o Proxecto Ríos. Aínda que este ano adiouse a causa das eleccións, nós mantémo-la data inicial por razóns organizativas. O ano pasado participamos 691 persoas de 54 entidades, e logramos retirar máis de 13 toneladas de refugallos en 47 ríos. En función do número de inscritos repartirémo-los tramos, coa intención de recoller canto refugallo atopemos entre a ponte das Moas e a ponte de Taibo. Son 8 km de percorrido de gran beleza, no que boa parte está integrada no espazo natural protexido ZEC Betanzos-Mandeo. O traxecto non é dificultoso, pero convén vestir calzado e roupa axeitados para andar polo monte, ademais de levar luvas e un bastón. O Concello de Coirós colaborará transportando e procesando todo o que recollamos. Continuarémo-la xornada pola tarde recollendo lixo dende embarcacións no tramo navegable do río Mandeo, coa colaboración da  Amigos dos Ríos de Betanzos. Por favor, ponte en contacto connosco previamente no caso de quereres participar. Máis datos na folla informativa.
Data: Domingo 25 de setembro, de 9:30 a 14:00 horas. 
Lugar: Partiremos dende o Centro de Saúde de Betanzos.

A Semana de Custodia é algo máis que outro evento da axenda cultural local. Busca proporcionar unha ocasión ás persoas preocupadas polo patrimonio natural da nosa bisbarra de actuar de xeito directo, eficaz e coordenado na súa conservación.

É tempo de moverse polo noso patrimonio natural: ¡Apúntate!

Foto de voluntarios na praia da Alameda



chegou aos nosos oídos...Carlos Arévalo, ouro no campionato de España K1 200ms.

Chegou aos nosos oídos....

 

Un oro revitalizador

 

El coruñés Carlos Arévalo se proclamó campeón de España de K1 200 metros dos semanas antes de buscar en el Mundial sub 23 su primer título internacional

maría varela a coruña 14.07.2016 | 00:51

Dice un refrán que cuando una puerta se cierra, se abre una ventana. Lo sabe el coruñés Carlos Arévalo. Para el palista del Ría de Betanzos fue muy duro decir adiós a su sueño olímpico, por el que llevaba luchando tres años, al verse apeado del K2 200 metros del que formaba parte con Cristian Toro para dejar sitio al campeón Saúl Craviotto. Pero no se rindió. Siguió entrenando. Siguió compitiendo. Incluso intentó la clasificación para Río en el barco individual. De nuevo se las vio con el catalán. Y otra vez se negó a tirar la toalla. Sin alzar la voz, dio la enhorabuena sincera a sus compañeros y rivales y continuó a lo suyo. La recompensa le llegó en forma de dos oros (en las categorías sénior y sub 23) en el K1 200 del Campeonato de España disputado el pasado fin de semana. Y con ellos, el respaldo necesario para lanzarse a por todas en el Campeonato del Mundo sub 23 que se disputará en dos semanas en Minsk (Bielorrusia).

"La verdad es que llevaba un par de semanas entrenando solo en Betanzos -el resto del año estuvo concentrado entre Asturias y Sevilla con el equipo español de velocidad- y no sabía muy bien cómo me encontraba y cómo eran mis sensaciones", relata. "Pero me encontré fenomenal y ahora en el Mundial podré ir a por el oro", continúa. Es ambicioso: "Yo me encuentro muy fuerte. Vengo de competir en categoría absoluta, haciéndolo bien, y creo que tengo nivel y que seré de los rivales a batir". No sería su primera medalla internacional ya que se proclamó subcampeón del mundo juvenil y tiene dos bronces en Europeos sub 23. Y eso que no se prodigó mucho en estas categorías porque enseguida dio el salto a la absoluta, con el cuarto puesto en los Juegos Europeos de Baku en 2015 y la séptima en el Mundial de 2013 como principales resultados.

No podrá repetir el doblete, ni tampoco luchar por otro podio continental, porque la Federación Española no se lo permite. "No lo entiendo porque en sénior han dejado que Craviotto haga tanto el K1 como el K2 en los Juegos y a mí no y tampoco me dejan ir al Mundial y al Europeo y he tenido que escoger el Mundial", se queja. De todas formas, terminado el ciclo olímpico y para encarar el siguiente, de cara a Tokio 2020, seguirá apostando por entrenar con la selección española en Trasona. "Siempre se está mejor acompañado y entrenando con los mejores", señala. Pero pueden abrírsele nuevas ventanas. "Cambiarán las distancias el programa olímpica. Entrará un K4... no sé, puede que ahí estén mis posibilidades", pronostica.

Los dos oros de Carlos Arévalo no fueron las únicas medallas del Ría de Betanzos en Trasona (Asturias). También fueron campeones, en su caso del K2 500 metros sénior, el cangués Rodrigo Germade y el tudense Óscar Carrera, que serán olímpicos en Río formando parte del K4 español. Alejandro Fraga, Adrián Edreira, David Mosquera y Francisco Vales se colgaron la plata en el C4 500 y Germade y Carrera repitieron podio con el K4 500 que completaron Javier Benito y David Vilariño.

Chegou aos nosos oídos....Esther Gómez...Fibernet

Chegou aos nosos oídos...nova sobre unha ex do Aguiar, Esther Gómez directora general de Fibernet.

Artigo de Nerea Bilbao en Silicon

Hablamos de negocio, fibra óptica y fotónica.

 

La de Fibernet es una de esas empresas con una historia de superación detrás. La compañía española se dedica al diseño y desarrollo de tecnología de comunicación de centros de datos y en concreto de tecnología de transmisión por fibra óptica.

Nació hace ya 18 años, un tiempo en el que ha tenido que trabajar mucho para posicionarse como uno de los líderes del sector. Y probablemente haya tenido que hacerlo más duro que otros competidores. “Los españoles nunca nos hemos creído que podemos hacer tecnología y que somos competitivos frente a otros”, nos cuenta en la entrevista que nos concede.

Parece como si tuviéramos que estar convenciendo y demostrando que la tecnología está al mismo nivel que una tecnología extranjera, lamenta.

A pesar de las contrariedadeds Gómez y su equipo ya pueden disfrutar del regusto que deja la satisfacción por el trabajo bien hecho.

Cuentan con grandes empresas del Ibex 35 entre sus clientes y su presencia en Latinoamérica es muy sólida; ya representa el 15% de su facturación. Además del negocio tradicional de comunicaciones de centros de datos y soluciones de transporte óptico, Fibernet tiene un CPD en el que ofrecerán servicios de Cloud a través de terceros.

Además, la compra de Fibernova Systems, una empresa de valencia de diseños fotónicos, es prácticamente una garantía de futuro en el mercado. “El electrón ya ha pasado, tenemos que ir al fotón, la fotónica”, sostiene.

Las ventajas de la fotónica frente a la fibra tienen que ver con las demandas de los nuevos anchos de banda de hasta 1TB por segundo y “sus posibilidades de meter en menos espacio “más capacidad de circuitos integrados”, nos cuenta.

Los diseños fotónicos también les va a permitir reforzar su músculo en sensometría, un segmento por el que están apostando.

El futuro para la ejecutiva tiene dos caras: la del negocio y la propia del ADN de una empresa innovadora: Hay que seguir creciendo, claro, pero tal vez lo principal es hacerlo diversificando. Y Fibernet sólo entiende la diversificación innovando in-house.


Distribuir contido