Deportes, Música, PAG`s, Chegou aos nosos oídos

96% de aprobados na PAU de xuño. Máis de 4 puntos por riba da media de Galicia

 

Un ano máis os 54 alumnos e alumnas do IES Francisco Aguiar que participaron na selectividade (PAU) amosaron sobradamente a súa capacitación acadando o 96% de aprobados nas Probas de Acceso á Universidade celebradas os pasados 8, 9 e 10 de xuño. 

Cumprirá un estudo máis polo miudo dos resultados da fase xeral pero nunha primeira análise "énchenos de orgullo e satisfacción"(emeritus rex dixit) poder dicir: 

  • Case 1 de cada 5 alumnos (18,5%) acada unha nota superior ao 8
  • O 42,6% do alumnado participante obtén unha cualificación superior ao 7
  • Máis do 85% acada unha nota superior a 6 na selectividade 
  • Resta só un 15% de notas por baixo do 6

 

Queremos dar o noso parabén aos estudantes,

desexarlles o mellor para o futuro

e lembrarlles que o Aguiar seguirá a ser o seu instituto.

Probas de selectividade 2016. Información de interese

 

 NOTAS IMPORTANTES PARA O ALUMNADO QUE REALIZARÁ

AS PROBAS DE ACCESO Á UNIVERSIDADE (SELECTIVIDADE)

EN XUÑO 2016 (días 8,9 e 10)

 

TRANSPORTE:

 A empresa GILSANZ proporciona un autobús gratuito para ir aos exames ( só ida) :

 

    1. Sairá da porta do Instituto ás 8.00h. do mércores 8 de xuño (compre estar uns minutos antes para evitar retrasos ou mesmo perdas)

 

 

 IMPRESCINDIBLE PARA PRESENTARSE AO EXAME

 

      1. As probas terán lugar na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais (Campus Elviña. Comisión Delegada nº 6) Tno. 981167000 Extensión 2409
      2. O alumnado participante nas PAAU deberá acudir á presentación o primeiro día (8 de xuño) ás 9.00 h. e nas sucesivas probas con puntualidade á  hora convocada para o seu comezo.

      3. O alumnado deberá concorrer a cada un dos exames  provisto:

 

        • DNI ou pasaporte

        • Pluma ou bolígrafo de tinta azul ou negra

        • Material propio de materias como: Debuxo ( compás, escuadra...) ou Latín e Grego ( dicionarios)

 

NON ESTÁ PERMITIDA A ASISTENCIA AOS EXAMES CON TELÉFONOS MÓBILES NIN OUTROS DISPOSITIVOS ELECTRÓNICOS, AGAS CALCULADORAS NON PROGRAMABLES. O incumplimento desta norma poderá ser motivo de medida disciplinaria.

 

 Horario das PAU xuño 2016 (enlace)

O noso ánimo para os examinandos/as e un sorriso ( "pa' deses3sar")

¡SORTE!

 

 

 

Chegou aos nosos oídos...novidosa aportación á música tradicional

Chegou aos nosos oídos... a participación de tres das nosas ex alumnas, as irmás Montero (María, Alejandra e Andrea), nunha novidosa experiencia arredor da música tradicional e nomeadamente da percusión.  Ás participacións con Carlos Núñez,  ou nunha película sobre a xota de Carlos Saura, engádese agora este proxecto de Aliboria con Xosé Lois Romero agromado na publicación dun disco  que pode ser unha auténtica revolución no panorama da percusión tradicional. 

 

  (enlace)

 

ALIBORIA. A REVOLUCIÓN PERCUSIVA CHEGA Á RÚA

Sae á venda o primeiro disco da Xosé Lois Romero e Aliboria, que leva por título o propio nome da banda. Este proxecto procura unha revolución da percusión tradicional, facendo arranxos contemporáneos nos que se combinan bombos, pandeiros, latas, pandeiretas, tixolas, tarrañolas e até piñas. A iniciativa parte da teima de Xosé Lois Romero por facer avanzar a percusión popular, que ficou estancada “sen acadar esa normalidade evolutiva que si acadaron outros instrumentos como a gaita ou a zanfona”, explica. 

 

O proxecto foi posíbel grazas ao encontro de Romero, intérprete experimentado e referente da música tradicional galega, coa frescura dunha nova xeración de músicos que, malia seren mozos, se criaron na música tradicional e posúen un coñecemento profundo do folk. [AS NOSAS ADMIRADAS EX-AGUIAR:  MARÍA, ALEJANDRA E ANDREA)

 

O disco preséntase nun estoxo de deseño coidado, que garda no seu interior un libreto con gráficos que explican como se tocan os instrumentos empregados polo conxunto. Inclúe nove pistas de temas populares interpretados desde unha perspectiva actual, baixo un concepto militante e moi minimalista, pero con toda a complexidade de facer un espectáculo só de voces e percusión. A produción do disco, a cargo de Noa López, tamén foxe do convencional. Tivo lugar na Casa Gasamáns (Ames), onde os integrantes do grupo fixeron unha residencia artística durante catro días, combinando as sesións de gravación técnica con tres concertos privados. Noa López sinala que isto responde á vontade de recoller no disco “esa sonoridade e esa forza do tocar en directo”, tan importante para a música tradicional.

Graduación 2016. ¡TOMA 1!

A festa con que cada ano celebramos a graduación dos alumnos e alumnas de 2º BAC nunca defrauda como concentrado de emocións e momentos inesquecibles. Comezamos unha pequena crónica das moitas facetas do dito acto cunha crónica de urxencia que debemos agradecer a Francisco que actúo como fotografo atento. Comecemos polo recoñecemento aos interviñentes.

IMPRESIONANTE CONCENTRACIÓN DE XENTE GUAPA E ELEGANTE, 

LISTA PARA A CERIMONIA DE GRADUACIÓN CORRESPONDENTE AO 2016 NO AGUIAR 

  

As presentadoras en tensión.  Estiveron encantadoras, espontáneas, chispeantes, divertidas...xeniais conductoras. 

 Con aceno seguro subíu ao estrado,

chantouse frente ao atril, colleu cunha man o micro

e logo dunha mirada ao abarrotado Polideportivo do Aguiar

e como xa é tradición asentada,

...o acto iniciou coas emotivas e fragantes palabra do Señor Director, Xosé Manuel Montero

  

Quen dixo que os de Ciencias non sabían de escribir. Parabéns a estas dúas valentes e ghuapísimas Penélope e Ainhoa! 

Un grito dende o máis fondo da selva...Enerxía e dinamismo de parte das rapazas de "Danzarte" moitas delas alumnas do Aguiar. 

Grande presenza de Javi e Ángela representando ao alumnado de letras.

Emotivo discurso. Emocionante recoñecemento a Pilar... de "sus niños". 

Como vén sendo habitual,  participación do alumnado de música dirixido por Blanca.

Grazas a estes rapaces e á súa profesora,  que actúan malia as condicións acústicas e as dimensións do escenario!

 Collemos as letras, barallámolas e tanto ten Antía e Tania

Unha bomba de sinceridade, espíritu crítico e alegría

Grazas especialmente a Tania polo esforzo e a Ana inspiradora.

 Unha ledicia abranguer un percorrido dende os primeiros cursos con Elvira ata os derradeiros con Xan

Cervantes e Rosalía man a man

Que voces...e que presenza! Bravo polos dous!

Primeiros sonidos da viola e do piano, última escoita para afinar...

e os aplausos guasones da parte divertida do público. 

Soa Bohemian Rapsody. Faise o silencio. Medra a emoción.

Desafiando as condicións acústicas Carlota e Blanca conseguiron captar ao público enteiro. Parabéns!

 

 

Chegou aos nosos oídos...Mencía Rey Pardo premiada no concurso Coca Cola

Chegou aos nosos oídos...que a alumna de 2º da ESO Mencía Rey Pardo resultou premiada entre os tres mellores traballos no sector de a Coruña do VIII Concurso Coca-Cola de Novos talentos na modalidade de Relato Curto.

Día da Letras. Entrega dos Premios do VI Concurso de Creación Literaria

O 17 de maio ás 12h no Edificio Liceo de Betanzos terá lugar a entrega dos Prenios ao VI Concurso de Creación Literaria con que o Concello de Betanzos convida aos escolares de todos os centros e niveis educativos do Concello a celebrar o Día das Letras Galegas.

Desta volta, unha vez máis, o Aguiar estará ben representado. 

 

Chegou aos nosos oídos...Xosé Tomás entrevistado na Voz de Galicia

XOSÉ TOMAS«Manual del Bullying». Nova Galicia Edicións, 2015

Chegou aos nosos oídos... que o ex do Aguiar, compañeiro de docencia e recoñecido ilustrador Xosé Tomás, foi entrevistado na Voz de Galicia hoxe, 13 de maio de 2016. Reproducimos o artigo e as súas interesantes reflexións. 

"MI TRABAJO ES AUTOCURATIVO"

Xosé Tomás (Betanzos, 1971)  recibió, entre otros, los premios Isaac Díaz Pardo ao mellor libro ilustrado 2010 pola colección Rodribico y Frei Martín Sarmiento á mellor obra infantil do 2013 por Vou ter un irmán. Su web es www.xosetomas.com

 

-¿Cuál sería la mejor definición de lo que es ilustrar?

-Incitar a pensar y sentir con las imágenes.

 

-¿Si tuvieras que definir tu trabajo con una palabra?

-Autocurativo

-¿Que sientes cuando estás trabajando?

-Un tsunami por dentro.

-¿Qué te inspira?

-Muchas cosas, pero de mi trabajo como profesor extraigo muchísimas emociones.

-Quién fue el causante de que te hicieras ilustrador?

-Jorge Saavedra, mi maestro de la escuela, que me sacudió por dentro. Y también mi otro maestro de la infancia, José Dapena, que me abrió los ojos a todo.

-¿Un ilustrador injustamente olvidado?

-No sé si olvidado, pero me encanta Ernst Kreidolf, un suízo del siglo XIX, por su delicadeza.

-¿Cuál es tu ilustrador favorito de toda la historia?

-Muchos: Shaun Tan, Innocenti, Jimmy Liao, Anthony Browne, Turkowski, Benjamin Lancombe... Sobre todo, los que cuentan más por lo que ocultan.

-¿Una canción que te inspire?

-Gloria, de Van Morrison. Mis hijos y yo la cantamos a grito pelado en el coche.

-¿De qué trabajo te sientes más orgulloso?

-De algunos que hice con Miguel Vázquez Freire o con Yolanda Castaño, con los que tengo una conexión especial. Nos buscamos, nos retamos, y nos conocemos muy bien.

Chegou aos nosos oídos...Kevin e Ivi subcampións de España cadete en K2

Chegou aos nosos oídos...que dous alumnos do Aguiar, Kevin García e Ivan Fernández (Ivi) acaban de alzarse co subcampionato de España de piragüismo na modalidade de K2 e na categoría de cadetes. 

PARABÉNS!

...e lembrade que o luns toca voltar á rutina do estudo Sorprendido

Chegou aos nosos oídos...Alba Dopico campeona en carreiras de orientación

Na imaxe Alba( terceira pola dereita) gañadora do campeonato escolar provincial celebrado o 7 de abril en A Coruña 

Chegou aos nosos oídos... un novo triunfo da nosa alumna de 1º da ESO, Alba Dopico nas carreiras de orientación .

 

No seu día deramos conta da nova de que Alba participaría no nome do IES Francisco Aguiar no Campeonato Provincial Escolar a celebrar en O Burgo o 7 de abril na categoría infantil entre 13 e 14 anos e na modalidade de Carreira de Orientación a pé. O resultado non puido ser mellor: 1º posto para Alba, como podedes ver na imaxe que abre esta noticia. Pero deixemos que sexa ela quen nos faga a crónica:

 

O pasado sabado, dia 16 (de abril) , fun ao campeonato escolar galego en O Carballiño e quedei en segunda posicion, pero para o ano que ven... a pola primeira!, xa que aínda teño un ano mais para competir, este año era la pequeña del grupo.

 

O dia 6 de maio irei a Granada, ao campeonato escolar de España. Podo participar a nivel nacional  polos meus resultados na liga Galega na categoria M21 B.

 

Distribuir contido