Deportes, Música, PAG`s, Chegou aos nosos oídos

Chegou aos nosos oídos...Raquel Vázquez presenta "La ocarina del tiempo"

 

Chegou aos nosos oídos... que a ex do Aguiar e asidua colaboradora  da biblioteca i en "saraos" literarios varios,Raquel Vázquez,  presentará próximamente o seu primeiro libro de contos, La Ocarina del Tiempo (transportándonos  a Hyrule e a interminables tardes de xogos con Zelda).  Xa a coñeciamos como poeta pero agora dá o salto (oficial) ao mundo do relato. Deixemos que sexa ela quen nolo presente:

 

Llevaba mucho tiempo esperando, y hoy al fin ha sido el día: acaba de salir de imprenta mi primer libro de cuentos, 'La ocarina del tiempo', en la Editorial Trifolium. Después de varios poemarios, la ilusión de estrenarme en narrativa sólo es comparable a cuando publiqué por primera vez. Muy agradecida al editor, Xan Arias, por haber confiado en este libro. Además, que la ilustración de cubierta sea obra de mi amigo y enorme artista David Perez Busto, lo vuelve, si cabe, todavía más especial.

La semana que viene empezará a estar disponible en librerías.

 

 

 

 

 

                                                                                              PARABÉNS RAQUEL

 

Chegou aos nosos oídos...Nuria Pico. Obradoiro de debuxo creativo

Chegou aos nosos oídos...a iniciativa dunha ex do Aguiar, Nuria Pico Manivesa.

Unha vez máis coa colaboración da libraría Biblos, impartirá os días 20 e 27 de febreiro un obradoiro de técnicas de debuxo creativo.  

Os que coñecemos a Nuria  podemos imaxinala en labores docentes co mesmo torrente de creatividade e alegría que derrochaba en labores discentes.

Para os seus profes...., mágoa  que quedemos ( por pouco) fóra do tramo de idades recomendado.

PARABENS A NURIA!

Chegou aos nosos oídos...febreiro e o VII Encontro de Teatro Afeccionado en Betanzos

 

Chegou aos nosos oídos..., coa precisión con que cada ano chega febreiro, que poderemos disfrutar en Betanzos do VII Encontro de Teatro Afeccionado. A oportunidade para disfrutar do teatro, perto da casa e, non por ter o título de afeccionado,  cunha calidade de segunda. 

Tras dista iniciativa  varios ex alumnos e profesores do Aguiar integrados na Agrupación Teatral Mariñán que, xunto co Concello de Betanzos, poñen cada ano en marcha esta encomiable iniciativa que nos regala catro sesións de teatro de gran calidade. 

Todos os sábados de febreiro ás 20.00 terán lugar as representación na Aula de Cultura Julio Cuns...e a entrada é de balde. 

 

 Día 6: Compañía El Ruiseñor (Culleredo).

           Las esposas alegres de Windsor.

 

Día 13: Teruca Bouza (Mugardos). 

          O pan de cada día.

 

Día 20: Gargallada Teatro (O Barco de Valdeorras). 

          Fuga.

 

Día 27: Agrupación Teatral Mariñán (Betanzos).

          O de menos é o nome.

 

 

 

Chegou aos nosos oídos....Cristina e Verónica Vidal premios extraordinarios de Grao

 

Chegou aos nosos oídos... noticia do éxito nos estudos universitarios de dúas ex_alumnas do Aguiar.

Ambas, Cristina e Verónica comparten apelido, Vidal.

Tamén comparten, cada unha no seu, o galardón de seren elexidas premio extraordinario nos seus Graos universitarios.

Cristina Vidal: Premio Extraordinario de fin de Grao en Enfermería.

Verónica Vidal: Premio Extraordinario de fin de Grao en Educación Infantil.

 

¡PARABENS!

 

Chegou aos nosos oídos...Salvador Naya novo Vicerreitor na UDC

 

 

Chegou aos nosos oídos... que Salvador Naya asumíu logo do último proceso electoral na Universidade de a Coruña (UDC) a Vicerreitoría  de Investigación e Transferencia . Salvador é pai dunha ex alumna do noso Instituto (Lucia Naya) e ten colaborado moitas veces en actividades que teñen que ver coa orientación do noso alumnado cara á universidade. Sen ir máis lonxe o pasado curso abría coa súa intervención  a Iª Xornada de Orientación  que celebrabamos a finais do mes de febreiro.

Enlazamos de seguido a reseña coa que se dá conta na prensa desta nova responsabilidade de Salvador (que, de seguro, non lle fará esquecernos) .

(enlace á noticia de prensa)

 

Pola nosa parte querenmos desexarlle éxito no seu labor...porque serán éxitos para o ensino público. Parabéns!

Boas Festas de Nadal e Aninovo

Postal participante no Concurso de Christmas Cards 2015

Chegou aos nosos oídos...Carmen Núñez- Exposición de Ilustración.

 

Chegou aos nosos oídos.... que a alumna de 2º BAC do noso Instituto, Carmen Núñez, inaugurou o luns 21 de decembro unha exposición de ilustración na libraría Biblos de Betanzos.  Nela Cármen presenta o seu traballo  da man do que fora o seu profesor nos nosos cursos de ilustración e banda deseñada, Xosé Tomás(enlace)  ( coñecido ilustrador, compañeiro docente e, ademais, ex do Aguiar)


A mostra estará exposta na Libraría Biblos ata o vindeiro 15 de xaneiro...non deixedes de visitala!

 

Pola nosa parte felicitamos a Carmen polo seu traballo e desexámoslle un venturoso futuro neste mundo da ilustración.

1149 no sorteo da rifa para o Intercambio de Siena

Utilizando un xenerador de números aleatorios . O número 1149 foi o agraciado no sorteo das rifas para unha cesta de Nadal realizado polos organizadores do intercambio a Siena deste ano.  

No sorteo estiveron como testigos: A profesora encargada do intercambio, a nai dunha das participantes, un alumno de primeiro da ESO e o vicedirector do IES Francisco Aguiar.

Chegou aos nosos oídos.... Jorge Vázquez incorporase á "Pasarela Cibeles"

 

http://preloc.renr.es/sociedad/2015/12/02/jorge-vazquez-incorpora-cibeles/1019430.html#!kalooga-14132/~josé%20~coruñés%5E0.75

Chegou aos nosos oídos... que o ex do "Aguiar", e deseñador betanceiro Jorge Vázquez regresará, tras dez anos de ausencia, á edición número 53 da Mercedes-Benz Fashion Week Madrid, que terá lugar do 19 ao 23 de febreiro no recinto feiral de Ifema de Madrid. Deste xeito incorporase ao grupo de deseñadores españois que cada temporada, dende hai máis de  30 anos, presenta as súas coleccións na pasarela madrileña, pola que pasaron máis de 300 firmas como Ágatha Ruiz de la Prada, Francis Montesinos, Alvarno ou Andrés Sardá.

O betanceiro Jorge Vázquez xa participara no programa xeral da semana da moda madrileña entre setembro 2002 e febreiro 2006. Conta cunha longa traxectoria profesional, que iniciou con tan so 18 anos no grupo Inditex, para despois pasar a formar parte do equipo creativo de deseñadores como Antonio Pernas ou Ángel Schlesser, ata o lanzamento da súa propia marca, no 2002.

A súa colección para a primavera/verán de 2005, presentada na daquela denominada Pasarela Cibeles, recibiu o premio L'Orèal á mellor colección. O deseñador de prêt-à-porter, traxes de coctel, noivas e alta costura ampliou o seu proxecto de moda creando en 2006 a nova marca JV por Jorge Vázquez, e ao longo dese mesmo ano colaborou coa colección femenina de Loewe. En 2009 lanzou a súa primeira colección da líña JV Petit Couture de comunión para nenas e actualmente continúa co seu proxecto baixo a marca JV por Jorge Vázquez e a líña de Alta Costura, complementada coas colaboracións habituais con outras empresas do sector.

Noraboa e recoñecemos que é para o IES Francisco Aguiar toda unha honra ter sido parte da historia de Jorge

 

 

Solemne proclamación do "león" de novembro: Iago Espiñeira Martínez

O Equipo da Biblioteca volve a distinguir ao alumno que máis uso fixo da biblioteca no pasado mes de novembro proclamándoo como "leon" de novembro.

Trátase do alumno de 2º da ESO Iago Espiñeira Martínez

Distribuir contido