Chegou aos nosos oídos... Salvador Naya. "Betanzos. Magic Town"

"Chegou ata os nosos oídos..." é unha etiqueta que hoxe inauguramos na nosa páxina do IES Francisco Aguiar. Con ela queremos facernos eco da vida que hai máis aló do propio centro . Concretamente aquela que se relaciona con xente que pasou por aquí ( alumnos/as, profesorado) ou con persoas que aínda forman parte da nosa comunidade escolar e que nos amosan outras caras fora do centro.


Pois ben......... chegou aos nosos oídos que Salvador Naya profesor do departamento de Matemáticas da Universidade Politécnica de A Coruña, que tantas veces informou no Instituto para a orientación aos estudos universitarios e, tamén, pai dunha antiga alumna,  presenta hoxe, venres 25 ás 20.30 na librería Biblos,  o libro “Betanzos. Magic Town “ do que é coautor xunto con Carmen Cotelo. Un estudo estatístico sobre o modélico comportamento electoral de Betanzos.

http://ccaa.elpais.com/ccaa/2013/10/24/galicia/1382637690_603243.html



Para o mantemento desta sección agradeceremos calquera noticia que nos poidades comunicar doutros eventos no que estea implicada á grande comunidade do IES Francisco Aguiar. Estaremos encantados de dala a coñecer a través desta páxina